Os impactos de Kirk no agro galego: 65 millóns e só 3.800 hectáreas con seguro

Agroseguro rexistra 4.600 parcelas prexudicadas, mentres o sector calcula que preto do 80% do millo forraxeiro está sen asegurar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2024 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Os sinistros agrícolas asociados ao paso do temporal Kirk a pasada semana en Galicia deixaron danos nun total de 3.783 hectáreas con seguro, o que supoñen máis de 4.600 parcelas.

Segundo informa Agroseguro a Europa Press, aínda que os danos rexistráronse no catro provincias, "sen dúbida A Coruña é a que rexistra maior superficie sinistrada", con 2.356 hectáreas que estaban aseguradas. O resto repártese entre Lugo (741 hectáreas), Pontevedra (534 hectáreas) e Ourense (152 hectáreas).

A maioría dos danos na produción agrícola correspóndese con cultivos forraxeiros, cun global de 3.659 hectáreas. O resto das hectáreas, pouco máis de 100, son explotacións de pataca e só de maneira moi puntual mazá ou viñedo.

Agroseguro comezou esta semana unha avaliación de danos en particípana técnicos procedentes de Galicia, así como desprazados desde León e Valladolid, "para así poder atender o gran volume de sinistro rexistrado coa máxima celeridade posible" e poder concretar o impacto dos danos.

PRETO DO 80% DA FORRAXE, SEN SEGURO

Nestes datos hai que ter en conta que en Galicia hai unhas 75.000 hectáreas de forraxe. A Asociación Galega de Cooperativas Agrolimentarias (Agaca) estima que "só o 20%" do millo forraxeiro ten agroseguro, polo que "considera necesario mellorar as condicións das pólizas", así como doutras liñas para estender as coberturas aos agricultores e gandeiros galegos ante diferentes eventualidades que poden sufrir.

Pola súa banda, Unións Agrarias (UU.AA.) cifra en 65 millóns de euros o impacto de Kirk no campo galego, polo que reclama axudas directas a gandeiros para facer fronte á compra a prezo alcanzable da forraxe que perderon para as súas reses. Calcula que se danou preto do 60% do millo forrajero.

Igualmente, organizacións agrarias como o Sindicato Labrego Galego (SLG) instaron á Xunta a tomar cartas no asunto para traballar co sector en medidas que corrixan as "enorme perdas económicas". Nesta liña, a Asociación Agraria de Galicia (Asaga) demanda axudas para os campos de millo arrasados, posto que "a repercusión nos custos de produción das explotacións agrarias e gandeiras vai ser tremendo".

O millo é o principal alimento das vacas, polo que os gandeiros alertan duns aumentos de custos que se suman a unha caída do 30% de prezos, no último ano, do leite en Galicia, que segue á cola do país con 44,8 céntimos por litro de leite.

Vacas nun pasto alagado polo desbordamento do río Anllo
Vacas nun pasto alagado polo desbordamento do río Anllo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta