O mesmo oomiceto que arrasou cultivos no século XIX, dando lugar á coñecida como 'fame negra' en Irlanda, continúa sendo unha das principais preocupacións no agro galego, impulsado agora polo cambio no patrón das choivas, as temperaturas mínimas máis altas e a aparición de resistencias ás materias activas dos funxicidas.
  comenta   0
Novas receitas para as mascotas caninas elaboradas con ingredientes 100% naturais, polbo, bacallau e pavo; cociñadas a baixa temperatura e sen cereais.
  comenta   0
Na reunión, cordial e construtiva, analizáronse diversas cuestións relacionadas coa produción da pataca certificada e estudáronse novas oportunidades dentro do mercado.
  comenta   0
Unha tese di que hai comunicación entre as plantas de pataca en resposta ao dano por larvas de varias couzas.
  comenta   0
A 25ª edición deste Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se fai do 24 ao 27 de outubro, contará con 90 expositores, 63 adegas profesionais, 5 restaurantes e 5 países representados. Entre as actividades paralelas destacar dous concursos que premiarán á mellor tortilla de pataca e á mellor hamburguesa de Galicia.
  comenta   0
A conselleira lembra que no Consello da Xunta do pasado luns acordouse adiantar pagos da PAC por 45 millóns á próxima semana, centrados en produtores de vacún de leite e amas de cría
  comenta   0
Agroseguro rexistra 4.600 parcelas prexudicadas, mentres o sector calcula que preto do 80% do millo forraxeiro está sen asegurar.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) explica que "as choivas da primavera atrasaron a plantación do cultivo de pataca, polo que o ciclo de cultivo tamén se atrasou para poder recoller as leiras cultivadas"
  comenta   0
A comarca da Limia, en Ourense, é a zona máis castigada con perdas nos cultivos de cereal e pataca que se presumen "catastróficas".
  comenta   0
Un estudo recente de investigadores brasileiros conclúe que dous tipos de vermes, o Tenébrio molitor e o Zophobas morio, poden ser usados como biodegradables naturais dos poliuterenos. Outras investigacións sinalan que tamén determinados fungos poden ser utilizados para neutralizar determinado tipo de plásticos.
  comenta   0