Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/10/2024 | Actualizada ás 21:35
O ex furacán Kirk tampouco respetou o campo galego. Moitos campos foron alagados e outros sufriron as severas consecuencias do vento. De feito, leiras enteiras de millo foron literalmente arrasadas, especialmente, na comarca de Ordes. Tamén as patacas non recollidas na Limia sufriron as consecuencias das fortes chuvias e ventos, así como os castiñeiros das zonas de montaña de Ourense e Lugo, así como soutos de castiñeiros en Viana do Bolo, con caída de ramas e árbores. O vento tirou os ourizos ao chan coas castañas sen madurar e vai dificultar a campaña deste ano.
O sindicato Unións Agrarias advirte de danos moi importantes para o agro galego. Cifra en 65,5 millóns de euros os danos, con especial impacto na provincia da Coruña. Nun comunicado, a organización agraria explica que está a recoller de urxencia os primeiros datos por zonas. Chama a atención sobre 21.844 hectáreas de produción de millo afectadas. Apunta a zonas coruñesas como Costa da Morte, Ordes e Trazo, pero tamén a parcelas completamente alagadas en lugares de Cospeito e Vilalba.
Explica que en Galicia se sementan unhas 72.815 hectáreas de millo e nestas zonas da provincia coruñesa a produción forraxeira "é vital para a rendibilidade das granxas". UU.AA. lembra que nestes momentos os gandeiros apenas recolleran a metade de millo e o que quedou afectado case non se aproveita.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Críticas á Xunta pola actuación fronte á enfermidade hemorrágica que di que é "exemplar"
- C@urel Vivo alerta das pragas dos castiñeiros e da inacción da Xunta
- A D.O. Valdeorras estará en Copenhague da man de Acruaga
- O Cabalo Pura Raza Galega progatonista na feira Abanca Semana Verde
- Modificacións do plan estratéxico da PAC 2023-2027: novas medidas de simplificación e flexibilidade nas axudas
- A XXVI Feira do Viño de Valdeorras foi unha das máis exitosas dos últimos anos