O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, participou este venres na inauguración do 'III Foro dá castaña', onde reivindicou o papel de Galicia como líder no fomento do castiñeiro, tanto en superficie cultivada como na calidade dos produtos asociados a esta especie e na loita contra pragas.
  comenta   0
O colectivo organizador decidiu cancelar os festexos ao serlle denegados os permisos, por "motivos de seguridade" e tras a presentación da documentación requirida, á maioría dos barraquistas que pretendían instalarse no barrio.
Algúns, como o castiñeiro de Soutogrande ou o de Oreal, están valorados en máis de 700.000. Aquí chos presentamos, da man do profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC Antonio Rigueiro.
  comenta   0
No século XVIII a entrada dun patóxeno levouno case á extinción e nos últimos corenta anos semella que está a rexurdir a febre da súa plantación a nivel mundial. Da man da profesora da USC Fina Lombardero vamos coñecer as pragas que máis preocupan a día de hoxe aos agricultores galegos.
  comenta   0
Queres saber o rendemento que che pode dar un souto de tan só unha hectárea? Sabes como podes aproveitar os castiñeiros para a cría de porco celta? Eres amante dos cogomelos? Estamos a falarche de rendementos económicos de miles de euros. Da man de Antonio Rigueiro Rodríguez, profesor da USC, explicámosche as vantaxes destes soutos.
  comenta   0
Na actualidade Galicia conta con case 50.000 hectáreas de castiñeiros, fronte ás máis de 400.000 de eucaliptos, a maioría ubicados nos distritos forestais da Fonsagrada-Os Ancares, Terra de Lemos e Valdeorras-Trives. Roque Rodríguez, catedrático da USC, asegura que "os castiñeiros son unha alternativa mellor aceptada socialmente e con máis axudas dende o punto de vista das subvencións e do plan estratéxico da PAC".
  comenta   0
Unións Agrarias insta á Xunta a poñer en marcha un gran plan contra o 'chancro do castiñeiro'.
  comenta   0