A praga da polilla guatemalteca da pataca, contida "previa erradicación", aínda que crece en Abegondo, Carral e Fene

Levántase a prohibición de cultivo en todo Burela e nalgunhas parroquias de Arteixo e A Laracha.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/02/2024 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

A praga da polilla guatemalteca da pataca esténdese a varias parroquias de Abegondo, Carral e Fene, municipios coruñeses nos que xa se atopaba presente e que agora se amplía. Non entanto, Medio Rural apunta que os datos actuais "mostran un avance significativo" na "contención" desta praga, "previa a unha posible erradicación".

A Consellería do Medio Rural informa este martes destes cambios no Diario Oficial de Galicia (DOG), onde se inclúe tamén que se levanta a prohibición do cultivo de pataca na totalidade do municipio lucense de Burela, así como nalgunhas parroquias de Arteixo (Chamín e Corrizo) e da Laracha (Caión). En concreto, as novas parroquias infestadas están: en Abegondo (parroquia homónima, Cabanas, Figueroa e Sarandós); en Carral (Cañás e Paleo) e en Fene (Barallobre e Maniños). 

Cultivo nun almacén de patacas, a 22 de setembro de 2023, en Sampaio, Lugo
Cultivo nun almacén de patacas, a 22 de setembro de 2023, en Sampaio, Lugo | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Paralelamente, mantense a prohibición de plantar pataca en parroquias de Moeche e Trabada. Mentres, hai zonas tapón nos municipios coruñeses de: Abegondo, As Somozas, Cambre, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Culleredo, Fene, Moeche, Mugardos e San Sadurniño. E na provincia de Lugo en: Barreiros, Lourenzá e Trabada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta