O Laboratorio de Amicos en Boiro, un exemplo de innovación social e ambiental

O centro desenvolve algas desde a fase reprodutiva para restaurar ecosistemas mariños ameazados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/07/2025 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou a aposta do centro de atención integral de Amicos pola inclusión social e a conservación ambiental. Tal e como trasladou a Xunta en nota de prensa, García visitou este venres as instalacións da entidade, en Boiro para coñecer as iniciativas ambientais e de coidado dos mares que desenvolven os usuarios grazas ás axudas con cargo ao 0,7% do IRPF.

Durante a súa visita ao laboratorio de Amicos, os activistas ambientais da entidade, persoas con discapacidade intelectual especializadas na temática, mostráronlle o traballo que realizan para a recuperación dos bosques de kelp e dos prados de zoostera. Neste espazo, o equipo desenvolve ás algas desde a fase reprodutiva, cultivándoas en tanques especiais ata que están listas para volver ao mar.

A continuación, a titular de Política Social achegouse ao porto Aguiño para participar nunha acción de clasificación de residuos mariños con varios mergulladores da confraría da zona. Tras a actividade, colaborou na inserción de algas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, nos arredores da illa de Sálvora. Con todo, a conselleira felicitou a Amicos polos seus 25 anos de traxectoria en favor da "plena inclusión" das persoas con discapacidade intelectual.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García ,colabora na inserción de algas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. AMICOS
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García ,colabora na inserción de algas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. AMICOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta