A ría do Burgo soporta unha forte presión medioambiental en canto verteduras e graos de contaminación nos seus fondos. Verteduras de empresas químicas e unha presión urbanística sen planificación acabaron por prexudicar seriamente o hábitat da ría. Nin Xunta nin Goberno se puñan de acordo para afrontar o problema até que o Goberno anunciou este ano case cincuenta millóns de euros para a rexeneración do Burgo.