As Mariñas Coruñesas contarán cunha rede de oficinas de turismo e museos certificados coa súa marca de calidade

O obxectivo, apuntan, "é lograr unha mellora real en canto a coordinación por parte dos puntos que atenden aos visitantes".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/04/2024 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas iniciou un plan de formación en calidade e sustentabilidade para a conformación dunha rede de oficinas de turismo e museos certificados na súa marca, así como empresas e entidades que xa forman parte. Así, informaron desde a entidade, neste proceso participa por primeira vez o persoal de oficinas municipais, centros de interpretación e museos.

O obxectivo, apuntan, "é lograr unha mellora real en canto a coordinación por parte dos puntos que atenden aos visitantes". Nesta formación participan as Oficinas de Turismo de Betanzos, Culleredo, Miño, Sada, Santa Cristina (Oleiros) e Sobrado, a aula do Mar de Oleiros, casa Museo María Antonia Dans (Curtis), o Centro Etnográfico Río Mandeo (Teixeiro) e o Museo do Xacemento Romano de Cambre.

A Reserva Mariñas Coruñesas contará cunha rede de oficinas de turismo e museos certificados coa súa marca de calidade
A Reserva Mariñas Coruñesas contará cunha rede de oficinas de turismo e museos certificados coa súa marca de calidade | Fonte: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta