Un proxecto do Campus Terra da USC está a testar a produción de huitlacoche, un alimento tradicional mexicano, a partir da inoculación dun fungo en mazarocas galegas que servirían para fornecer a cociña de autoría.
  comenta   0
Falamos coa cooperativa Cogal sobre a situación desde o punto de vista da producción e comercialización e cunha dietista-nutricionista sobre os beneficios desta carne.
  comenta   0
Félix Martin, experto en formación en inocuidade e hixiene dos alimentos e en xestión da calidade, asegura que "é unha práctica que, se se fai ben, non ten por que causar ningún problema". Para el é máis importante non caer na contaminación cruzada.
  comenta   0
Este venres, 13 de setembro, é o Día Internacional do Chocolate e aquí semellla gustar e moito. Saímos á rúa a preguntar se lles parece que reflicte a realidade.
  comenta   0
O prezo do chocolate en España acumula entre xaneiro e xullo deste ano unha subida superior ao 10% como consecuencia da crise que arrastra o cacao desde hai meses.
  comenta   0
O rorcual común é a balea máis frecuente nas costas galegas, é a máis grande que existe despois da balea azul e caracterízase pola súa aleta e por medir entre 24 e 25 metros de lonxitude, indicou o presidente do Cemma e veterinario, Xabier Pin.
  comenta   0
Expertos denuncian o acoso que sofren estas especies: "O sorriso dun golfiño non representa a súa alegría, o que se ve é o seu sufrimento"
  comenta   0
Dende a asociación Arrolos de Teta Parvati Devi lamenta que "no sistema sanitario hai un buraco enorme no que respecta ás pautas para a lactancia materna". Tamén denuncia o problema dos permisos de maternidade, pois "a OMS di que un bebé debe lactar durante os 6 primeiros meses, pero os permisos duran 16 semanas".
  comenta   0
Aliviar a situación de vulnerabilidade que atravesan miles de familias de Galicia e Castela e León é o fin desta axuda, á que hai que sumar os 49.873 euros doados polos clientes desde o 2 de maio ata o 1 de xuño
  comenta   0
Entre as enfermidades transmitidas por alimentos máis comúns están a Salmonella ou Norovirus, máis a Listeriosis ten graves consecuencias para a saúde.
  comenta   0
Liliana Solís, bióloga da Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia, explica que nestes momentos a situación dos bancos marisqueiros de Noia "non é boa", especialmente no que respecta á ameixa fina.
  comenta   0
Irene Bazo centrouse nesta cuestión no seu traballo do fin de grao en Deseño de producto na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. Son productos domésticos adaptados sen recurrir a medios tecnolóxicos.
  comenta   0
Segundo conta Rebeca Bande, presidenta da asociación Esveco, "neste último ano houbo tres familias de Galicia de diferentes localidades, todas usuarias de Galiñas Azuis, que recibiron unha negativa por parte do centro para que os seus fillos puidesen contar con menú vegano". Algo que considera "unha discriminación".
  comenta   2
A Asociación Valenciana de Agricultores enviou unha carta ao ministro de Agricultura para solicitarlle que "de maneira urxente pida explicacións ao Goberno" do país.
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, defendeu a xestión da Xunta para o control dos xabaríns, que cualificou de "boa", ao ser preguntada nun acto na Coruña pola presenza de novo dos mesmos na cidade e a contorna metropolitana.
  comenta   0
Este ano 2023 foi especialmente negativo para os nosos cetáceos, con 669 varamentos rexistrados, cando "a media de varamentos entre os anos 90 e o 2022 era de aproximadamente uns 280 exemplares", afirma Alfredo López, biólogo do CEMMA, a Galicia Confidencial.
  comenta   0
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, Isabel Vilalba, cualificou este luns en Lugo como "moi negativa" e "contraproducente" a proposta para a modificación do prego de condicións do selo Tenreira Galega Suprema. "O que nós pedimos é que non se faga obrigatorio meter aos animais en recintos pechados e cebalos con concentrados", demandou.
  comenta   0