As verduras conxeladas gañan protagonismo nas cestas da compra ante a inflación

Mercar conxelados pode aforrar ata un 40% no caso das hortalizas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A situación económica actual, que atravesa unha situación complexa e unha notable inflación, está a repercutir na cesta da compra, levando aos consumidores a mirar polo miúdo os prezos e a calidade dos produtos.

Pementos, berenjenas, verdura, hortalizas, supermercado, consumo, IPC
Pementos, berenjenas, verdura, hortalizas, supermercado, consumo, IPC

A Asociación Española de Fabricantes de Vexetais Conxelados (ASEVEC) destaca o papel dos vexetais conxelados como alimento fundamental na dieta, xa que, ademais de manter todas as súas propiedades -como se estivesen recén collidos-, son un produto máis económico que a súa versión fresca, segundo revela o último estudo da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).

Este informe demostra que mercar conxelados pode aforrar ata un 40% no caso das hortalizas. O dato é máis salientable cando se comparan individualmente as hortalizas, xa que a diferenza de aforro é de ata un 90% no caso dos chícharos conxelados fronte aos frescos, e do 70% no caso das xudías verdes.

Unha realidade que tamén se reflicte nos datos extraídos dunha enquisa realizada pola ASEVEC na que se aprecia un aumento da compra e do consumo de hortalizas conxeladas como consecuencia da suba xeralizada dos prezos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta