Feijóo propón recoñecer aos agricultores como sumidoiros de carbono e facilitar o acceso aos mercados climáticos.
  comenta   0
A Raíña destacou a desolación e tristeza dos cidadáns, pero tamén a gratitude polo traballo conxunto de bombeiros, voluntarios e corpos de seguridade.
  comenta   0
O presidente da Xunta tamén anunciou que as axudas para reparar casas danadas alcanzarán ata 132.000 euros se son vivenda habitual e 60.000 euros no caso das de ocupación ocasional.
  comenta   1
Absurdo titular, a primeira vista. Aposta alguén polos incendios?. A ver, por caso, apostan a UE e máis o Estado pola desigualdade? Non. Seguen políticas que indirectamente aumenten a desigualdade? Sen dúbida.
  comenta   0
Os populares instan ao Goberno de España a comprometerse a defender unha PAC "forte, diferenciada doutros fondos como era ata agora, con recursos suficientes e que responda as necesidades de Galicia".
  comenta   0
En Corme, gandeiros e agricultores converteron os seus tractores en armas contra o lume, mentres os equipos ‘Batracio’ da Xunta, pensados para ese labor, brillaban pola súa ausencia. Unha lección de coraxe veciñal e unha pregunta incómoda para a prevención en Galicia.
  comenta   1
"O BNG e os Verdes son os autores intelectuais do enfoque orzamentario que agora critican --en referencia aos recortes de fondos na PAC e na pesca--. Se de verdade queren cambialo, que vaian á Moncloa e esixan a Sánchez que use o veto de España", engade o eurodeputado do PP galego.
  comenta   1
O teito de gasto sube ata o 1,26% do PIB, cunha parte destinada a pagar a débeda dos fondos de recuperación.
  comenta   0
Sitúase como a segunda comunidade autónoma en alcanzar o maior nivel de execución neste período.
  comenta   0
Con data do 29 de abril de 2025, o Grupo Parlamentario Socialistas rexistrou no Parlamento galego unha serie de preguntas dirixidas á Xunta de Galicia en relación á resposta autonómica á alerta de saúde pública lanzada pola demanda veciñal contra varias administracións públicas un mes antes.
  comenta   0
Quere substituír esas visitas 'in situ' polo monitoreo vía satélite, unha medida que responde directamente as peticións dos Estados membro.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego (SLG) critica que non existen, "polo menos no Estado español", as condicións técnicas "para que un proceso desta complexidade sexa tramitado electronicamente cunha fluidez razoable".
  comenta   0
"Hai algunha industria [dentro do sector] que, por unha mostra cunha bacteroloxía alta, obriga a tirar todo o leite ou a descontar o seu prezo", explicou en declaracións aos medios o secretario xeral de Unións Agrarias-UPA, Roberto García.
  comenta   0
Este pago realízase pola existencia dun grupo de beneficiarios que non puideron percibir as axudas correspondentes á campaña de 2024 no mes de decembro por non estar terminados todos os controis preceptivos.
  comenta   0
O sindicato insta á Xunta a aproveitar os fondos do PDR se a Eurocámara aproba a súa modificación o 17 de decembro.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas solicitou unha reunión coa Consellería do Medio Rural para demandar un "plan de apoio" ás persoas produtoras de fabas, que inclúa tamén axudas específicas e un proxecto de investigación para "combater" as enfermidades que afectan a este cultivo.
  comenta   0
Esta renovación contemplará unha proposta de intervención comunitaria dirixida a colectivos de mulleres con maior risco de padecer estas patoloxías, entre eles as mariscadoras, as labregas, as monitoras deportivas e as cantantes
  comenta   0
APIA outorga o seu Premio Vía Crucis 2024 á multinacional Altri á que critican por non manter unha "comunicación aberta" cos xornalistas.
  comenta   0
A Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) alertou de que, en concreto, a EHE, unha enfermidade que afecta especialmente o gando vacún, provocou, en numerosas comarcas leiteiras e en especial en Galicia, unha afectación de máis do 95 % das granxas, producindo un alto nivel de mortalidade e síntomas moi graves nas vacas.
  comenta   0
Agroseguro rexistra 4.600 parcelas prexudicadas, mentres o sector calcula que preto do 80% do millo forraxeiro está sen asegurar.
  comenta   0
O pasado 13 de setembro, a Comisión autorizou a elevar ao 70 % o anticipo das axudas directas da PAC que os Estados membros que se abonan desde o pasado mércores, dados os problemas de liquidez aos que se enfrontan os agricultores e gandeiros, debido á climatoloxía desfavorable, os altos intereses financeiros e o encarecemento dos medios de produción.
  comenta   0
O Consello de Ministros aprobou este martes diversas disposicións sobre a Política Agraria Común (PAC) que pretenden simplificar e flexibilizar a aplicación desta.
  comenta   0
Xa rematada a recollida, realizada entre a primeira e a última semana de agosto, lamenta que "tivemos un inverno moi chuvioso e con moitísima humidade, o que provocou que en moitas zonas de Galicia non se puidese sequera entrar a cultivar as leiras", convertidas en auténticas lameiras polas incesantes choivas.
  comenta   0
Este 2024 é o segundo ano con menos hectáreas queimadas da última década. Expertos afirman que as choivas que se están a rexistrar nas últimas semanas poderían paliar a sequedade do chan tras a calor de agosto.
  comenta   0
UPA asegura que a dixitalización simplificará a toma de decisións e mellorará a xestión das explotacións agrícolas e gandeiras.
  comenta   0