O Sindicato Labrego Galego pide reunirse con Medio Rural ante a perda de máis dun 80 % da colleita dos produtores de fabas

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas solicitou unha reunión coa Consellería do Medio Rural para demandar un "plan de apoio" ás persoas produtoras de fabas, que inclúa tamén axudas específicas e un proxecto de investigación para "combater" as enfermidades que afectan a este cultivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2024 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas solicitou unha reunión coa Consellería do Medio Rural para demandar un "plan de apoio" ás persoas produtoras de fabas tras as perdas de "máis do 80 %" da colleita. Nun comunicado, o sindicato detallou que "o problema" foron, sobre todo, as "enfermidades" do cultivo derivadas das constantes choivas na zona da Mariña.

"A humidade e a calor axuda a que proliferen moitas enfermidades, iso fai que os fungos afecten moito máis nun cultivo como a faba", detallou a secretaria xeral do sindicato, Isabel Vilalba Seivane. Neste momento, continuou o sindicado, hai unha "situación xeneralizada" onde a "maioría" dos produtores de faba teñen "menos do 20 %" da colleita que terían outros anos. "Perdeuse máis do 80 % da colleita", lamentou o sindicato. Por iso, solicitou unha reunión coa Consellería para pedir un plan de apoio con axudas específicas e iniciar un proxecto de investigación para "axudar a combater" as enfermidades do cultivo de fabas.

Selección de fabas para envasado na Cooperativa Terras da Mariña
Selección de fabas para envasado na Cooperativa Terras da Mariña | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta