Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 10/08/2025 | Actualizada ás 10:00
Segundo destaca a Guía Peñín, “o mellor godello de España é un branco que o ten todo, mineralidade, salinidade, forza, tensión, profundidade e presumiblemente, unha gran capacidade de garda”. Ademais, destaca que o viño “é froito do tesón de Rafa Palacios, obsesionado por crear o mellor viño branco de España, e do momento no que se deu conta de que os viñedos de godello que serpentean próximos ao río Sil serían as ferramentas ideais para conseguilo”.
Para Rafael Palacios, trátase de “outro recoñecemento máis que ven a fortalecer e poñer en valor estos quince anos de traballo con Sorte O Soro, que desde a súa primeira añada en 2011, ata a que colleitaremos este ano, non parou de crecer e de mellorar como un dos mellores viños brancos de España e do mundo”.
Marcos Prada, presidente do Consello Regulador, dixo sentirse “moi orgulloso do logro alcanzado pola adega Rafael Palacios” posto que foi “o único godello de todo o país en alcanzar a máxima puntuación”.
VIÑOS DE VALDEORRAS MOI BEN PUNTUADOS
Outros sete viños amparados pola D.O. Valdeorras, alcanzaron puntuacións superiores aos 95 puntos, e un total de 79 referencias superaron os 90 puntos, un dato que revela o altísimo nivel dos viños deste territorio amparado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.