Detectan 5 focos de 2 serotipos de lingua azul inéditos ata agora en vacas galegas

A Xunta recomenda a vacinación voluntaria dos bovinos e ovinos. Lembra que o Goberno galego mantén a gratuidade para o serotipo 4.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2025 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura a primeira detección en Galicia de animais bovinos infectados polos serotipos 3 e 8 de lingua azual, localizados en cinco focos nas catro provincias. Segundo informa a Xunta nun comunicado, en Galicia si estaba presente desde 2023 o serotipo 4 desta enfermidade animal, aínda que agora o Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid) confirmou dous serotipos máis.

Tendo en conta que no territorio peninsular xa non existe un programa xeral de erradicación fronte esta doenza, con vacinación obrigatoria, a Xunta recomenda a vacinación voluntaria dos bovinos e ovinos. Lembra que o Goberno galego mantén a gratuidade para o serotipo 4. Ademais, lembra "o deber" dos gandeiros de comunicar aos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural "calquera sospeita da enfermidade que detecten nos seus animais".

Incide en que a lingua azul non afecta as persoas, só aos rumiantes, que se contaxian a través da picadura dun insecto vector transmisor. Tampouco existe ningunha posibilidade de contaxio nin risco para as persoas polo consumo de produtos (carne ou leite) procedentes de animais afectados. Así mesmo, recoméndase evitar nas instalacións gandeiras as zonas de cría dos insectos vectores (zonas húmidas con materia orgánica, terra ou estiércoles), do xénero Culicoides,spp, e a realización periódica de desinsectación de animais, instalacións e vehículos de transporte de gando.

Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, Chantada
Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, Chantada | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta