Salustiano Mato, catedrático de Zooloxía na UVigo e membro do proxecto de investigación das poboacións de moscas do Tomiño, asegura que ante o aumento do cambio climático "isto non vai cambiar, vai ir a peor, porque vai haber cada vez máis zonas que reúnan boas condicións para que as moscas se reproduzan".
  comenta   0
A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) protestou este martes pola "falta de limpeza" nos colexios da cidade e pediu máis persoal á concesionaria municipal encargada destes labores.
As Rías Baixas no mes de abril están invadidas pola cor violeta, a desta especie invasora chamada 'Uncaria tormentosa'. Encántanlle as altas temperaturas e as zonas de dunas, nas que se impón fronte a especies endémicas. Jonatan Rodríguez, investigador da USC que participa nun estudo sobre a perigosidade desta planta para os ecosistemas, conta ao Galicia Confidencial as características desta planta.
  comenta   0
Todo o que precisas saber deste insecto, que podería ser moi perigosos para cans ou gatos en zonas con piñeiros.
  comenta   0
A 'Acacia dealbata' leva connosco uns 200 anos e xa é imposible de erradicar. Jonatan Rodríguez, investigador de CRETUS na USC, liderou varios estudos nos que observaron que "nas zonas onde hai manchas de mimosas a diversidade de especies de insectos herbívoros, que poderían alimentarse dela, era menor en número á cantidade que hai nas zonas onde non hai mimosa".
  comenta   0
Esteban Jamardo, da Asociación Stop Velutinas Umia, asegura que as velutinas "neste tempo aínda non representan unha ameaza para as colmeas, porque as abellas tampouco saen demasiado". Con todo, confesa que "non é normal" que xa espertasen da hibernación, pois "o normal non era velas saír dos niños ata marzo".
  comenta   0
No século XVIII a entrada dun patóxeno levouno case á extinción e nos últimos corenta anos semella que está a rexurdir a febre da súa plantación a nivel mundial. Da man da profesora da USC Fina Lombardero vamos coñecer as pragas que máis preocupan a día de hoxe aos agricultores galegos.
  comenta   0
Chegan a Galicia o Cirque du Soleil, os concertos inmersivos de Candlelight e a Film Symphony Orchestra, que visitarán cidades como Santiago, Vigo e A Coruña. Queres saber que ofrecen? Apunta, apunta.
  comenta   0
Camiño Francés Federación (CFF) asegurou que "non estamos a detectar problemas especiais coas chinches, salvo algún caso illado dalgún peregrino, moito menos unha praga". O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, sinalou que "se está magnificando unha situación" que se fose unha praga "non só afectaría aos albergues senón tamén aos domicilios dos veciños".
  comenta   0
O alcalde de Caldas puntualizou que se fose unha praga non só afectaría aos albergues senón que tamén aos domicilios dos veciños e recalcou que "non hai" ningunha denuncia sobre isto.
  comenta   0
O Concello de Vilaboa, sumarase aos de Moaña, Vigo, Cangas e Redondela como integrante do comité técnico do mosquito tigre que, previsiblemente, desenvolverase na primeira quincena de novembro.
  comenta   0
Unha investigación demostra o "forte impacto negativo" da velutina nas colonias de insectos polinizadores.
  comenta   0
Xa son catro os concellos galegos, todos da área metropolitana de Vigo, nos que foi documentada a existencia desta especie: Redondela, Moaña, Vigo e Cangas.
A presenza do cabalo salvaxe en distintos tipos de paisaxes dominados por uceiras, que son comunidades de gran interese pola súa biodiversidade, garanten a conservación ao someter a vexetación a unha presión constante mais de baixa intensidade.
  comenta   0
Realizan actividades etnográficas e culturais que teñen como obxectivo recuperar historias, tradicións, oficios, saberes, lendas e o folclore da zona.
  comenta   0
A Xunta enviará técnicos en "próximos días" para confirmar a existencia de polillas que, segundo os pais, pican aos nenos
O Campus Terra identifica e desenvolve elicitadores naturais do castiñeiro fronte á ‘avespiña’ co proxecto ‘Go Delicas’.
  comenta   0
«El vino que tiene Asunción, / no es blanco, ni es tinto, ni tiene color» (Canción popular)
  comenta   0
Científicos da Universidade de Vigo fixeron un estudo de dous anos no que monitorizaron un apiario en Boqueixón baixo a presión das vespas asiáticas, que se produce entre os meses de maio e outubro. O traballo describe en detalle os mecanismos de protección e vulnerabilidades das abellas melíferas. “O fortalecemento das colmeas e a mellora do seu estado de saúde das colmeas é fundamental para evitar o seu descenso”, avisan. Os resultados desta investigación teñen coincidencias cos doutro estudo similar realizado en Cataluña.
  comenta   0
Un inverno máis benévolo provoca alteracións encadeadas: as árbores brotan e florecen de xeito irregular, as xeadas posteriores poden acabar con elas, os insectos van a destempo e non están preparados para polinizar, as pragas espertan máis axiña e as aves poden quedar sen alimento.
  comenta   0
A converxencia en Galicia de exemplares que se espallaron naturalmente polo norte peninsular desde Francia e dos que saltaron directamente a Portugal polo transporte humano pode estar producindo novas poboacións da avespa asiática con maior diversidade xenética e maior capacidade de adaptación e de invasión. Análises xenéticas confirman que as poboacións de velutina en Francia foron a fonte da colonización na península ibérica e Italia. Son conclusións dun estudo realizado por investigadores portugueses. Científicos galegos temen que a velutina poida “contribuír aínda máis á evolución dos patóxenos”.
  comenta   0
A nova desfeita medioambiental no río Barbaña ao seu paso por Ourense tardará en reverterse máis de 20 anos. Prodúcese a partires duns traballos de "limpeza" que custaron máis de 17.000 euros ás arcas públicas, case como os peixes mortos no 2009 a raíz do verquido no que non se depuraron responsabilidades.
  comenta   3
Unha investigación realizada en Portugal detalla como esta vespa invasora de orixe asiática está a chegar máis rapidamente do que sería natural a áreas próximas a estas vías de circulación. O transporte de mercadorías podería ser a causa. As primeiras colonias da avespa asiática no sur de Galicia entraron por Portugal.
  comenta   0
A Cydalima perspectalis, coñecida co nome de avelaíña do buxo, é un insecto invasor cuxo alimento son as follas dos arbustos da familia buxus. Esta avelaíña é propia do Leste de Asia onde abundan plantas que son a súa fonte de alimento. O comercio internacional e a falta de controis sufcientes foron as causas polas que entrou en Europa.
  comenta   0
A eliminación da velutina na Mariña ten pasado por varias fases ata dar con solucións, senón definitivas, si suficientes para frear o ataque deste insecto invasor. A colocación de trampas e a observación do comportamento da avespa asiática permite un control sobre ella que podería traducirse a medio ou longo prazo, nunha redución da súa presenza.
Adega ofrece dúas xornadas en Allariz e Monforte de Lemos para coñecer a importancia ecolóxica dos morcegos e os beneficios que achegan aos seres humanos.
  comenta   0
"Que as marxes das estradas se convirtan en zonas importantes para a conservación da biodiversidade cóntanos ata que punto destrozamos os hábitats naturais". Falamos con Germán Orizaola, investigador Ramón y Cajal que nos explica a importancia destas zonas aparentemente "pobres" que tampouco estamos a respectar. Tamén as posibles consecuencias.
  comenta   0
Aínda que estes insectos non transmiten enfermidades, as súas picadas son molestas, polo que cómpre ter medidas de prevención nos albergues
  comenta   0
O uso de maquinaria pesada para realizar unha limpeza exhaustiva das praias impacta negativamente nos areais e na súa biodiversidade.
  comenta   0
Trátase dun tratamento alternativo aos convencionais: a partir de produtos de orixe natural compatibles coa produción ecolóxica.
  comenta   0
A Universidade dá Coruña (UDC) anunciou aos galardoados do Programa 'Explorer by Santander X', unha iniciativa de emprendimiento universitario promovida polo Banco Santander e dirixida polo Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE). Así, nesta edición foron premiados un proxecto de roupa con sensores para embarazadas e unha empresa de cría de insectos.
  comenta   0
O 35,89 % dos falecementos en España por contacto con himenópteros produciuse en territorio galego, segundo un estudo de Xesús Feás, quen advirte do aumento de casos fatais desde a chegada da vespa asiática.
  comenta   0