Hai que preocuparse pola baixada da eiruga procesionaria en Galicia?

Todo o que precisas saber deste insecto, que podería ser moi perigosos para cans ou gatos en zonas con piñeiros.

Por Amanda Fernández | Lugo | 29/03/2024 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Un usuario na rede social de Tik Tok alertaba de que era cuestión de tempo que as eirugas procesionarias comezasen a baixar dos piñeiros. Non era en Galicia, pero quixemos coñecer máis deste insecto da man dun experto. Hai que preocuparse en Galicia ante esta eiruga? Como afecta aos animáis? Alberto Fernández Güimil, delegado en Galicia da Asociación Nacional de Empresas de Sanidad Ambiental (Anecpla), asegura que non é unha praga nin "motivo de alarma nestes intres en Galicia".

A oruga procesionaria
A oruga procesionaria | Fonte: Nova Higiene

O experto conta que se trata dunha eiruga, que ataca aos piñeiros e recibe o nome de 'procesionaria' polo feito de que "van en procesión", son eirugas moi chamativas e camiñan unha detras da outra. "É un insecto que se denomina defoliador, quere dicir, que se alimenta das follas dos piñeiros. Atacan aos piñeiros, que comezan a debilitarse, métense na sabia, e fan que a árbore vaia enfermando", comenta. Sinala como outra característica particular que nas copas dos piñeiros vese unha especie de "bolsas brancas similares ás nubes de algodón de azucre das feiras".

"O ciclo biolóxico da procesionaria son catro fases, que se diferencian ben: Unha é o ovo, outra a eiruga, logo está a crisálida, que é a pupa e logo o imago, que é o adulto ou a mariposa", expón.

@victorramosal Os dije que la oruga procesionaria estaba a punto de bajar al suelo!#parati #viral #viralvideo #foryou #fyp #mascota #perros #victorybimba #dogsoftiktok #perrostiktokers #perros #cuidatuperrito #orugas #procesionariadelpino #procesionaria #peligro #CapCut ♬ sonido original - Victor Ramos

OS PERIGOS DA EIRUGA PROCESIONARIA 

A eiruga procesionaria non só chama a atención pola súa apariencia e por ir en procesión, senon que hai que ter coidado. "Atacan aos piñeiros e consiguen debilitalos, incluso unha vez debilitados, van a outros, van collendo os que están sáns e a por eles", explica o delegado. Así, engade que tamén presentan perigos para os seres humanos e animais. Nun parque infantil con pinos ao redor, as eirugas como van pola terra, baixan das bolsas e teñen unha especie de espiñas ou pelos que soltan e pican. Andan por aí os animais, can ou gato, e son picados. Iso pode chegar incluso a causarlles a morte. Para as persoas, a parte das picaduras que producen, naquelas que teñen alerxias, o dano é maior", enfatiza.

Pero xa andan por aí nesta época?  Alberto Fernández Güimil di que comezan a baixar sobre o mes de febreiro, pero tendo en conta as diferencias de temperatura que estamos padecendo, "poden pasar tamén a marzo ou abril". Esas son as épocas nas que as eirugas andan en procesión, logo despois xa desaparecen. En primavera é cando hai un maior efecto, é o ciclo vital, como no caso das mocas, que aparecen nunha época determinada do ano e logo desaparecen. 

COMO SE COMBATE EN CASO DE PRAGA? 

Explica que hai varias vías para conseguir que desaparezan. Primeiro temos "os inimigos naturais, como os paxaros". A continuación indica que, na medida do posible, hai que combatelas con "medios físicos" como podería ser "unha pértiga, que remata nunha especie de tesoira, para chegar ás bolsas e cortalas. Ao cortar, termina o asunto, digamos que lle quitan a casa". Ademáis disto pode apostarse pola "captura dos machos", que se fai mediante o uso de feromonas, que atraen ao macho, e queda así nunha trampa, por exemplo, de pegamento. Ante isto, as femias non teñen maneira de reproducirse. Habería outra forma que consiste en colocar colares ao redor da árbore, do tronco, co cal as eirugas baixan e aí quedan, non chegan ao chán.

Como outro método estarían os controis biolóxicos, que expón "teñen que ser moi específicos porque non podes empregar un producto fitosanitario así por así, xa que hai riscos para as persoas". Porén, o sistema empregado con maior frecuencia, é o denominado endoterapia, que consiste en "inxectar un tratamento fitosanitario no tronco da árbore, entón este producto  incorpórase á sabia natural do mesmo e chega ás follas das que se alimenta a eiruga. Isto provoca a súa morte". Para Alberto sería "a mellor prevención posible para este tipo de insecto". 

Hai que preocuparse? É importante coñecer este insecto e o seu alcance, pero a día de hoxe, o delegado en Galicia, asegura que "non hai preocupación". Di que así como outros anos ías pola autopista e vías as bolsas nos pinos en abundancia, "de momento en Galicia non hai". Só expón que a Estación Fitopatolóxica de Areeiro detectou que apareceron casos puntuais en zonas de Pontevedra ou de Lugo. 

AS PRAGAS MÁIS HABITUAIS EN GALICIA 

O experto indica que máis aló da eiruga procesionaria, existen pragas verdadeiramente importantes en Galicia e que abondan moito. Comeza mencionando ás termitas, uns insectos, que se alimentan da celulosa da madeira e atacan ás estruturas das casas. "Teñen o seu termiteiro baixo terra, onde está a raíña, de aí saen as termitas obreiras e van á celulosa", explica e alerta que como particulariedade, o realmente perigoso, é que non se ven porque fuxen da luz, co cal atacan á madeira e ti non sabes que tes as termitas que están por dentro. "No marco dunha porta podes apreciar que se funde e deixan unha capa sobre a pintura, que fai ver que estiveron comendo por dentro, tamén poden formar estalactitas que ves nos teitos, en cor marrón e que poden ter dous metros", afirma. 

Ademáis das termitas, hai pragas "de sempre" como son os roedores ou as cascudas, que proliferan tanto en casas como restaurantes ou hoteis. Fai fincapé nas chinches das camas, que se dán polo movemento de persoas. Son unha praga importante e destaca que no Camiño de Santiago, a xente as transporta sen darse conta e chegan e saen dunha habitación a outra. "Aliméntanse do sangue e producen picaduras e o detectas vendo puntiños de sangue nos colchóns", describe. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta