Na xornada deste mércores, o Ministerio actualizou os datos da situación epidemiolóxica desta enfermidade en España e detectou novos focos de serotipo 8 na provincia da Coruña.
  comenta   0
A finais do mes de xullo foron detectados na nosa comunidade os primeiros animais bovinos infectados polos serotipos 3 e 8 de lingua azul.
  comenta   0
O home, que recoñeceu ser o dono dos animais, explicou que a noite do 1 ao 2 de setembro naceran 12 cachorros e que o día 3 atopou a 4 dos cachorros mortos, polo que os enterrou nunha das naves.
  comenta   0
A súa cor azul iridiscente agocha un veleno perigoso. Galicia rexistra cada vez máis exemplares desta especie mariña, empurrada polas correntes e favorecida polo cambio climático.
  comenta   0
O Concello de Lugo insiste en que o proxecto debe respectar a distancia mínima de cinco metros cos linderos da parcela.
O vehículo caeu marcha atrás mentres era cargado nunha granxa; o condutor sufriu un golpe na cabeza.
  comenta   0
As subvencións, publicadas hoxe no DOG, chegan ata 132.000 euros por vivenda habitual e inclúen compensacións a empresas, agricultores e gandeiros.
  comenta   0
A coordinación entre voluntarios e a comunidade é clave para protexer aos animais, lembrando que cada acción, mesmo pequena, pode marcar a diferenza fronte á catástrofe.
  comenta   0
Para Pablo, Miguel, Sabela e Noa, os seus cans e gatos son familia de verdade. Compañeiros que están cando se lles necesita, que dan sentido á rutina e que cambian a vida para sempre. Historias cheas de afecto e sinceridade que demostran que o vínculo coas mascotas é tan profundo como calquera relación humana.
  comenta   0
“É necesario que no rural siga vivindo xente que desenvolva unha actividade produtiva no campo, así evítase a proliferación da maleza e das terras abandonadas”, sinala Jesús González, presidente do Consello Regulador.
  comenta   0
O DOG publica a orde que habilita os trámites online, atendendo ás demandas de veterinarios e propietarios.
  comenta   0
Concédese este recoñecemento na categoría de patrimonio inmaterial polo seu "valor cultural destacado", que se mantén desde fai tres séculos.
  comenta   0
O programa contará con máis de 879.000 prazas, novidades como viaxes con animais e tarifas planas para persoas pensionistas con ingresos baixos
  comenta   0
O Parlamento Europeo propón vetar a comercialización en escaparates e esixe rexistros interoperables en toda a UE.
  comenta   0
O centro contará con múltiples dependencias como áreas de corentena, zonas de maternidade, illamento infeccioso, hospitalización ou separación de animais agresivos.
  comenta   0
Prácticas ilegais como o uso de silenciadores, lazos ou documentos falsos seguen activas en Galicia, amparadas na rutina do rural e na permisividade. Unha realidade que pon en risco a fauna, a sustentabilidade e a convivencia.
  comenta   0
A poboación de oso pardo crece e expándese cada ano, pero a coexistencia con actividades humanas e a conservación xenética seguen sendo desafíos clave para garantir o seu futuro na Cordilleira Cantábrica e Galicia. "Para poder consoliar este proceso é esencial a cooperación continua entre ciencia, conservación e sociedade", advirten Óscar Rivas, presidente da Fundación Oso Pardo, e José Vicente López-Bau, do CSIC.
  comenta   0
O recinto Feira Internacional de Galicia Abanca acolleu o XII Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo Pura Raza Galega. Participaron once exemplares desta raza autóctona en perigo de extinción e houbo unha exhibición de rapa. Ademais do cabalo, tamén houbo espazo para a visibilidade canina con demostracións e a celebración da Copa Federación Abanca Semana Verde de Galicia de 'agility'.
  comenta   0
A medida estatal levantou a polémica no campo, pero a profesora da Facultade de Veterinaria da USC Ana María López Beceiro lembra que isto non vai de Facenda, senón de saúde pública: sen rexistro, non hai protección fronte á gripe aviaria, unha enfermidade que ten explosións de letalidade cada certos anos.
  comenta   0
Faino coa súa mellor cifra de expositores, 748 de oito países, e cunha programación de actividades que van dende mesas de negocio a conferencias e demostracións.
  comenta   0
O tamén catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública pola USC advirte dos cambios do virus H5N1, que dende 2022 contaxiou a especies nunca antes afectadas, como mamíferos, incluídos humanos.
  comenta   1
Ana María López Beceiro, profesora da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), asegura que "a gripe aviaria é unha enfermidade vella coñecida que, de cando en vez, volve con forza". E sinala que "o tratamento natural para ela é que os exemplares máis débiles rematen morrendo e o virus quede sen hospedador".
  comenta   0
A familia decidiu pechar a conta solidaria tan só seis días despois de abrila. A explotación poderá continuar aberta.
  comenta   0
Rexistra taxas anuais positivas en trece comunidades autónomas e descensos en Andalucía, Murcia, Castela-A Mancha e País Vasco
  comenta   0
A operación Namib desartella unha trama que operaba en varios puntos de España e Portugal e incautou unha trintena de exemplares exóticos e invasores
Galicia supera os 812.000 animais de compañía rexistrados, cunha maioría de cans, mentres persisten prácticas ilegais no rural e crecen as denuncias por abandono e malos tratos
  comenta   0
Acollerá animais de compañía abandonados, extraviados ou vagabundos. Estará en Curtis e dará servizo a pequenos municipios.
  comenta   0
Cantos (animais) teñen que morrer para que se dignen a modificar unha norma mal redactada e que establece requisitos desproporcionados e incoherentes coa propia normativa europea da que se supón que é adaptación?", denunciou PACMA.
  comenta   0
O BNG e o PSdeG critican a estratexia do Goberno galego mentres a Xunta defende un equilibrio entre fauna e actividade agrogandeira
  comenta   0
Ao longo do ano 2019 o procesado maltratou á súa cadela mestiza de forma continuada, téndoa atada e encadeada de forma permanente, sen darlle comida nin bebida, sen proporcionarlle atención veterinaria, ata provocarlle a morte por desnutrición e inanición.
  comenta   0
A moza tivo que ser trasladada de urxencia ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde foi intervida por lesións que afectaron a unha fazula e ao lacrimal dun ollo.
  comenta   0