Galicia envórcase coa familia de Rodeiro que perdeu máis de 20 vacas por un raio

A familia decidiu pechar a conta solidaria tan só seis días despois de abrila. A explotación poderá continuar aberta.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/05/2025 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

O Concello de Rodeiro informou de que a conta solidaria para axudar aos veciños da parroquia de Quintiá afectados pola morte de máis dunha vintena de vacas ao ser alcanzadas por un raio pechou tras alcanzar os obxectivos marcados.

Nun comunicado, o Consistorio destacou que a colaboración cidadá tivo un gran efecto e que só en seis días desde a súa apertura conseguiuse acadar o obxectivo marcado, que non era outro que "axudar" aos veciños para volver á actividade de novo.

"Grazas á doazón desinteresada e ao seguro que posuía a explotación, púidose cumprir", indican. "En nome da familia, do Concello e da Cooperativa O Rodo agradecemos a todos por facelo posible", finaliza.

Conforme confirmou Europa Press, o suceso ocorreu na tarde do domingo 18 de maio, cando coa chegada da treboada, os responsables da granxa foron buscar as vacas para gardalas. Nun momento dado, ao pasar á altura dun poste transformador, un raio caeu sobre esta infraestrutura, descargando a carga eléctrica cara á terra.

Nese instante, escoitouse como unha explosión e as vacas faleceron ao instante. Por sorte, o dono da explotación ía montado no seu tractor un pouco adiantado e a dona ía detrás dos animais, saíndo ilesos ambos. Un suceso similar xa ocorreu hai anos en Galicia. En concreto, en 2017 dúas vacas faleceron en Láncara (Lugo) tras ser alcanzadas por un raio. Tamén na Fonsagrada sucedeu algo similar en 2020.

27 vacas morren alcanzadas por un raio nunha explotación gandeira en Rodeiro
27 vacas morren alcanzadas por un raio nunha explotación gandeira en Rodeiro | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta