A Xunta anima a adoptar animais de compañía abandonados: "Hai axudas de 125 e 150 euros"

A conselleira Ángeles Vázquez lembra que o pasado ano recibiron 240 solicitudes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2025 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, animou á cidadanía galega a adoptar animais de compañía abandonados recorrendo ás axudas que ofrece a Xunta. "Este ano triplicamos as axudas para particulares, cada persoa que recolla nun centro un can pode recibir entre 150 e 125 euros para os primeiros gastos", sinalou en alusión a cuestións como vacinas ou o microchip en caso de non telo.

Tamén lembrou que é o segundo ano que as convocan. "O primeiro recibimos 240 solicitudes, este ano imos en 124", apuntou para precisar que o orzamento está aberto. En concreto, poderán solicitarse ata o próximo 30 de setembro.

Por outra banda, remarcou que o seu obxectivo é informar os concellos das axudas tamén para cuestións como a esterilizacion e tamén ás protectoras, cunha liña de axudas aberta tamén para alimentación. Estas declaracións fíxoas en Oleiros nun encontro cunha beneficiaria destas achegas na pasada edición. Todo iso para sufragar custos de identificación, desparasitación, vacinación ou esterilización.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, nun acto en Oleiros para presentar as axudas sobre adopción de animais de compañía
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, nun acto en Oleiros para presentar as axudas sobre adopción de animais de compañía | Fonte: MONCHO FUENTES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta