Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2025 | Actualizada ás 17:49
As Consellerías do Mar e de Facenda e Administración Pública colaborarán para crear un sistema de información que apoie a xestión dos descritores do bo estado dos medio mariños (DEM) e á información de indicadores de saúde das poboacións explotadas. Este proxecto, que contará cun investimento de 187.000 euros que serán financiados nun 70% a través do fondo Fempa, materializarase mediante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Centro de Investigación Mariñas (Cima).
Desta forma, segundo informou a Xunta nun comunicado, impulsarán unha solución para dar cobertura a estes indicadores de saúde das especies marisqueiras. Farano a través da avaliación de stocks, que inclúan a mostraxe e estrutura do tamaño e que serán cargados desde o sistema AROUSA empregado polo Centro de Investigacións Mariñas, información de capturas, que determinará os puntos de control, información da lonxa, considerando a obtención de datos de extracción e venda desde as plataformas de PescadeGalicia e Lonxas Galegas 4.0 e o módulo de indicadores DMEM. O novo sistema tomará como ficheiros de referencia de base os plans de xestión marisqueira, os bancos, especies, as confrarías de pescadores e as asociacións sectoriais.
VISITA AO INTECMAR
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), en Vilagarcía de Arousa, organismo que realiza 72.000 análises e emite preto de 300 resolucións ao ano . Así, percorreu as instalacións deste centro referente en biotoxinas mariñas, acompañada pola directora do Intecmar, Covadonga Salgado, con motivo da celebración do consello de administración do mesmo. O centro conta este ano cun orzamento de 5,4 millóns de euros. Tamén realiza anualmente máis de 1.500 informes previos á extracción e 600 avisos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.