Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2025 | Actualizada ás 12:23
A Consellería do Medio Rural informou dun incendio que se declarou a pasada madrugada e que se mantén activo no municipio de Chandrexa de Queixa, afectando polo momento a máis de 20 hectáreas.
Segundo fontes da Consellería, o lume iniciouse pouco antes das 1.00 horas da madrugada, na parroquia de Parafita e para a súa extinción mobilizáronse por agora un técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, unha pa, 2 helicópteros e 3 avións.
Medio Rural lembrou que está a disposición dos cidadáns o teléfono gratuíto 085 para avisar en caso de detectar algún incendio forestal. Tamén hai un teléfono gratuíto e anónimo, o 900 815 085, para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria.
Outros dous incendios forestais están activos nos municipios ourensáns de Xinzo de Limia e Carballeda de Valdeorras na mañá deste venres.
Segundo informa a Consellería do Medio Rural a Europa Press, o lume en Xinzo, declarado ás 11,34 horas, afecta á parroquia de San Pedro de Laroá. Mobilizáronse dous avións, un helicóptero, dúas motobombas, catro brigads e axentes.
Pola súa banda, en Carballeda, parroquia de Casaio, tamén está activo outro lume desde as 6,16 horas da mañá deste venres. Traballan tres helicópteros, un avión, tres motobombas, cinco brigadas e tres axentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.