Avanza o primeiro centro de protección animal de Galicia para 300 cans e 200 gatos

Acollerá animais de compañía abandonados, extraviados ou vagabundos. Estará en Curtis e dará servizo a pequenos municipios.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/05/2025 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O primeiro centro de protección animal de Galicia, que dará servizo a concellos de menos de 5.000 habitantes, estará situado no concello de Curtis e terá capacidade para 300 cans e 200 gatos.  Así o anunciou este mércores a conselleria de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita á parcela na que se localizará esta nova infraestrutura.

Na súa intervención, explicou que este primeiro centro para a protección e acollida de animais de compañía abandonados, extraviados ou vagabundos ten como obxectivo reforzar a nivel autonómico o labor desempeñado polas administracións locais e as entidades con ánimo de lucro.

Nesta liña, sinalou que se prestará "especial atención" a aqueles municipios con menos poboación, que son os que teñen máis dificultades para dispor dos medios necesarios para asumir de forma satisfactoria estas tarefas e cumprir as obrigacións legalmente establecidas. En concreto, este novo centro, que conta cun orzamento inicial estimado de 2,07 millóns de euros, que será cofinanciado con fondos Feder, localizarase nunha parcela de case 24.000 metros cadrados, na zona de estruturación parcelaria de Fisteus, en Curtis.

A Xunta destacou que se trata dunha "situación idónea" desde o punto de vista lóxico, ao contar con boas comunicacións, e xeográfico xa que está próximo a municipios con menor poboación que, tal e como incidiu a conselleira, é onde se identificou unha maior necesidade deste tipo de infraestruturas.

O centro en si terá unha superficie de 2.300 metros cadrados con capacidade para 300 cans e 200 gatos e as súas instalacións incluirán, entre outras dependencias, áreas para corentena, maternidade, illamento infeccioso, hospitalización, animais agresivos ou mantemento habitual de exemplares. A maiores haberá un módulo veterinario con consulta específica de gatos e dous de cans, sala de hixiene, un quirófano e unha sala de radioloxía. O complexo completarase cunha área administrativa.

A conselleria de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, visita en Curtis (A Coruña) a parcela na que se situará o centro de protección animal de Galicia. XUNTA
A conselleria de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, visita en Curtis (A Coruña) a parcela na que se situará o centro de protección animal de Galicia. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta