Detectado o serotipo 8 de lingua azul na provincia da Coruña: xa está presente nas catro

A finais do mes de xullo foron detectados na nosa comunidade os primeiros animais bovinos infectados polos serotipos 3 e 8 de lingua azul.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/09/2025 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a primeira detección na provincia da Coruña de animais infectados polo serotipo 8 da lingua azul nunha explotación de gando bovino, confirmada polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid).

Así, destacan que os serotipos 3 e 8 xa están presentes nas catro provincias galegas. Lembran que a finais do mes de xullo foron detectados na nosa comunidade os primeiros animais bovinos infectados por estes serotipos. En total, detectáronse cinco focos distribuídos nas catro provincias. Posteriormente, no mes de agosto apareceron exemplares infectados polo serotipo 3 na provincia de Pontevedra e polo serotipo 8 na de Ourense.

Apuntan tamén que o serotipo presente en Galicia ata ese momento era o 4, con circulación desde o ano 2023. No seu momento, todo o territorio peninsular someteuse a un programa de erradicación, para o que Galicia optou pola vacinación obrigatoria, que se ofreceu de maneira gratuíta a todos os gandeiros. Nestes momentos xa non existe este deber de erradicación e a vacinación é voluntaria.

Ante esta situación, a Xunta de Galicia está a distribuír gratuitamente ao persoal veterinario autorizado, tanto clínico como pertencente a Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeira, dose vacunales fronte o serotipo 4 para a vacinación de gando bovino e ovino e fronte aos serotipos 3 e 8 para a vacinación de gando ovino, especie que presenta síntomatoloxía máis grave e maior mortalidade.

Gando alimentándose
Gando alimentándose | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta