O uso de trampas contra a velutina en viñedos non protexe "eficazmente"

Un novo estudo realizado por persoal investigador da Universidade da Coruña (UDC) conclúe que "non hai evidencia de que o uso de trampas reduza o dano" e que, ademais, "as trampas actuais teñen moi baixa eficacia e capturan moitos outros insectos beneficiosos".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/09/2025 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

Un novo estudo realizado por persoal investigador da Universidade da Coruña (UDC) cuestionou a eficacia das trampas utilizadas contra a avespa asiática en viñedos. Os resultados do mesmo foron publicados na revista Pest Management Science. Así, conclúen que "non hai evidencia de que o uso de trampas reduza o dano" nos mesmos e argumentan que non se pode considerar que estean a protexer "eficazamente".

Segundo traslada a institución académica, a análise realizada por Yaiza R. Lueje, Amalia Jácome, Jaime Fagúndez e María José Servia, mostra, entre outras conclusións, que o trastorno deste insecto nas uvas "é un problema complexo con múltiples factores que condicionan ese dano". Reflicte, ademais, que "as trampas actuais teñen moi baixa eficacia e capturan moitos outros insectos beneficiosos". O estudo, realizado dentro do marco do proxecto 'Viño e froita' -- enmarcado no programa de cooperación Leader --, incluíu un exame exhaustivo en viñas de dúas zonas de Galicia: en Betanzos e no Condado do Tea.

Os resultados, concreta a UDC, conclúen que "non hai evidencia de que o uso de trampas reduza o dano nos viñedos, mesmo cando se duplicaba ou triplicaba a cantidade". "Isto suxire que, a pesar da súa popularidade, esta técnica non está a protexer eficazmente a colleita de uva", expón. Tamén advirte de que "o uso de trampas non é recomendable no estado actual de coñecemento, xa que ningún modelo dispoñible é totalmente selectivo".

Así, os autores desta investigación destacan a importancia de "seguir investigando e desenvolvendo métodos de xestión e protección de cultivos que sexan máis sustentables e efectivos". O obxectivo é "garantir o futuro da produción vitivinícola nas zonas máis afectadas por esta especie invasora, sen comprometer a conservación doutros insectos nativos e o ecosistema no seu conxunto".

Viñedo
Viñedo | Fonte: EH BILDU

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta