A doutora Lucía Ageitos Castiñeiras, da Universidade dá Coruña, participou nesta cuestión.
Unha investigación demostra o "forte impacto negativo" da velutina nas colonias de insectos polinizadores.
  comenta   0
A deputada do BNG Carmen Aira avisou de que cada vez hai "máis ataques a persoas" e a poboación sofre "tensión" pola presenza "masiva" desta especie invasora, mesmo "familias enteiras que se acaban indo das súas vivendas". "Deben prepararse para abordalo e para o futuro", reclamou a parlamentaria do BNG, quen esixiu "medidas urxentes e xa".
  comenta   0
Un home faleceu este sábado no concello ourensán de Melón tras sufrir unha picadura de avespa.
  comenta   0
Tras realizar un total de 151 enquisas a persoas dedicadas á apicultura en Galicia, estimaron que os custos de control e prevención nos que incorreron ascenden a 2,5 millóns de euros.
  comenta   0
O teléfono do 012 Galicia reforzará o seu horario desde o 15 de xullo ata mediados de setembro para as incidencias desta especie
  comenta   0
Un informe da Axega cifra en máis de 850.000 os avisos recibidos por este servizo, dos que máis dun terzo foron incidencias sanitarias
  comenta   0
O Campus Terra identifica e desenvolve elicitadores naturais do castiñeiro fronte á ‘avespiña’ co proxecto ‘Go Delicas’.
  comenta   0
Científicos galegos poñen a proba, con éxito, arpas eléctricas para protexer as colmeas de abellas dos ataques da avespa asiática. Investigadores portugueses apuntan a varias especies de aves para reducir as poboacións de velutina.
  comenta   0
A converxencia en Galicia de exemplares que se espallaron naturalmente polo norte peninsular desde Francia e dos que saltaron directamente a Portugal polo transporte humano pode estar producindo novas poboacións da avespa asiática con maior diversidade xenética e maior capacidade de adaptación e de invasión. Análises xenéticas confirman que as poboacións de velutina en Francia foron a fonte da colonización na península ibérica e Italia. Son conclusións dun estudo realizado por investigadores portugueses. Científicos galegos temen que a velutina poida “contribuír aínda máis á evolución dos patóxenos”.
  comenta   0
A eliminación da velutina na Mariña ten pasado por varias fases ata dar con solucións, senón definitivas, si suficientes para frear o ataque deste insecto invasor. A colocación de trampas e a observación do comportamento da avespa asiática permite un control sobre ella que podería traducirse a medio ou longo prazo, nunha redución da súa presenza.
O 35,89 % dos falecementos en España por contacto con himenópteros produciuse en territorio galego, segundo un estudo de Xesús Feás, quen advirte do aumento de casos fatais desde a chegada da vespa asiática.
  comenta   0
O sector reclama "coordinación" para frear a "praga". O número de niños retirados e neutralizados a través do plan de Seaga ascende a case 8.400, segundo a Xunta
  comenta   0
Un total de 80 profesionais actuará en diferentes concellos galegos tras ter 200 avisos só na última semana de abril e tras morrer un home en Santiago a pasada semana.
  comenta   0
O convenio entre Xunta e Fegamp para loitar contra esta avespa estreou o seu primeiro mes de funcionamento cunha media de 29 alertas diarias.
  comenta   0
A empresa Serpa, radicada en Viveiro, propón aos gobernos locais de toda a Mariña colocar "entre 15.000 e 20.000 trampas" na vindeira primavera, co que afirma que se "manterá a raia" a expansión da avespa asiática.
Máis de 200 niños de avespas velutinas foron retirados no que vai de ano no municipio de Pantón (Lugo), onde o pasado venres faleceu un veciño de 67 anos por múltiples picaduras tras atoparse cun niño cando rozaba unha leira.
Un veciño do municipio de Pantón de 67 anos de idade faleceu tras sufrir múltiples picaduras de avespas velutinas ao atoparse cun niño cando rozaba unha leira.
O home tivo que ser atendido no Hospital Universitario Lucus Augusti.
O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas, fixo fincapé en que durante o ano 2018 foron retirados 24.000 niños de velutina, a metade na provincia da Coruña.
  comenta   0
Investigadores deseñan un sistema para mellorar a eficacia das trampas de cebo que se están aplicando con escasa eficacia contra a avespa asiática.
  comenta   0
As universidades de Santiago e Vigo participan no maior proxecto europeo de loita contra avespa velutina. Entre os seus obxe tivos, seguir o seu rastro e poñer en marcha mecanismos de erradicación.
  comenta   0
O Presidente da Xunta Inaugura o congreso Innova FP Galicia, onde animou a asumir o "reto tecnolóxico" para afrontar os "cambios nos modelos de produción"
  comenta   0
Un novo estudo mostra que a invasión da avespa asiática no territorio galego se produciu pola combinación de poboacións distintas que se adentraron de xeito natural polo leste, desde o País Vasco e Navarra, e polo sur, desde Portugal, introducidas polo transporte terrestre de madeira.
  comenta   0
Varios equipos científicos en Galicia, Portugal e Francia traballan na identificación de feromonas de alarma e sexuais para crear cebos exclusivos para avespas asiáticas, ante a escasa eficacia das trampas caseiras e comerciais, que constitúen unha ameaza adicional para os insectos nativos.
  comenta   0
A Asociación Nacional de Empresas de Sanidade Ambiental (Anecpla) insistiu na necesidade de control da 'vespa velutina', tamén coñecida como avispa asiática, avispón asiático ou avispa negra, polo seu perigo para abellas, apicultores e biodiversidade.
  comenta   0
Un estudo realizado en 21 municipios galegos invadidos pola avespa asiática evidencia que as trampas de cebo teñen "taxas de captura e selectividade relativamente baixas" e representan unha "ameaza potencial" para os insectos nativos, sendo os métodos caseiros os menos eficaces. So o 0,90% dos insectos atrapados son velutinas.
  comenta   0
Diferentes asociacións pídenlle á Xunta que tome un papel máis activo na erradicación da avespa asiática.
  comenta   0
O Concello do Valadouro reduciu os niños de velutina de 400 a preto de 20 nun período de catro anos. O seu alcalde, o socialista Edmundo Maseda, asegura que o municipio é “o primeiro de Europa” en conter a praga da avespa asiática.