O Issga remarca a importancia de previr os riscos das avespas velutinas nos traballos forestais

En caso dun ataque de avespa velutina, débese de fuxir o máis rápido posible e buscar un refuxio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/08/2024 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, está a distribuír material informativo para asesorar o persoal traballador das actividades forestais e a poboación en xeral sobre as medidas preventivas que se deben adoptar ante as avespas velutinas.

Segundo informou a Xunta, o grupo de traballo técnico deste sector elaborou un documento cunha serie de medidas que se deben ter en conta na planificación dos traballos forestais. En concreto, o documento inclúe indicacións preventivas que se deben adoptar antes de inicio dos traballos, recomendacións en caso de atopar un niño de velutina e pautas de actuación no caso dun ataque por parte destes insectos.

Entre as recomendacións iniciais, o Issga insta a realizar un recoñecemento exhaustivo da parcela onde se vai traballar comprobando se existen nenos na zona. En caso de ver algún, mellor non achegarse a menos de cinco metros dese niño, non cortar polo pé unha árbore nin rozar silvas ou matogueiras onde poidan haber un niño e avisar a compañeiros de traballo da presenza dese niño, así como sinalizar a zona.

En caso dun ataque de avespa velutina, débese de fuxir o máis rápido posible e buscar un refuxio, ademais de evitar que o ataque se produza nas áreas máis sensibles da cara, como pode ser a zona dos ollos.

Vespas velutinas
Vespas velutinas | Fonte: SANDRA VERMELLAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta