Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Neto, Adrián F. Tojo (CITMAGA e USC), e Iván Area (IFCAE e UVigo) publicaron o traballo de investigación na revista internacional 'Nonlinear Analysis: Real World Applications'. O modelo desenvolvido pode actualizarse en tempo real, o que permite a súa mellora, e iso é fundamental para analizar diferentes estratexias de control e para minimizar a propagación da especie.
  comenta   0
De abril a xuño a rapazada do concello poderá participar en roteiros, obradoiros, concertos e eventos lúdicos co obxectivo de fomentar a cultura, o coñecemento e o lecer en grupo.
  comenta   0
O Concello de Covelo explica que leva anos entregando de forma gratuíta trampas e líquido atraente a veciños. Nos últimos seis anos entregou un total de 1.200 trampas
  comenta   0
Esteban Jamardo, da Asociación Stop Velutinas Umia, asegura que as velutinas "neste tempo aínda non representan unha ameaza para as colmeas, porque as abellas tampouco saen demasiado". Con todo, confesa que "non é normal" que xa espertasen da hibernación, pois "o normal non era velas saír dos niños ata marzo".
  comenta   0
"Na zona próxima á costa, a partir de mínimas mantidas sobre os 10 graos e máximas a partir dos 16 a raíña comeza a saír da hibernación, o que se dá no mes de febreiro en diante, normalmente, aínda que pode adiantarse (como din que aconteceu este ano) pola climatoloxía", explica José María Bello Santos dende a Asociación Galega de Apicultura, que destaca que, con todo, o pico debería chegar "na última semana de marzo ou nos primeiros quince días de abril".
  comenta   0
Xosé Torres, presidente da Asociación Galega de Apicultores, asegura que agora, cando as velutinas están hibernando, é o momento de actuar, pero é consciente de que cunhas eleccións á volta da esquina na comunidade galega, "a situación política nestes momentos non nos favorece nada, porque dentro das prioridades vanse esquecer da velutina, e a velutina non se vai esquecer de nós, os abelleiros, á volta da primaveira".
  comenta   0
Ignacio Dávila, presidente da Sociedade Española de Alerxia e Inmunoloxía Clínica (SEAIC) que estes días celebra un congreso nacional en Santiago de Compostela, asegura que as alerxias se están a prolongar cada vez máis no tempo polo cambio nas temperaturas e nas choivas, facendo que, por exemplo, os alérxicos ao pole que antes sufrían dous meses, agora o fagan durante medio ano.
  comenta   0
Coñecemos a historia de Manuel Aira, bombeiro de profesión en Monforte de Lemos que comezou coa apicultura como afección. Cos enxames que ten en Pantón e Pedrafita do Cebreiro quería recuperar a vinculación coa orixe dos seus avós.
Unha investigación demostra o "forte impacto negativo" da velutina nas colonias de insectos polinizadores.
  comenta   0
A deputada do BNG Carmen Aira avisou de que cada vez hai "máis ataques a persoas" e a poboación sofre "tensión" pola presenza "masiva" desta especie invasora, mesmo "familias enteiras que se acaban indo das súas vivendas". "Deben prepararse para abordalo e para o futuro", reclamou a parlamentaria do BNG, quen esixiu "medidas urxentes e xa".
  comenta   0
Tras realizar un total de 151 enquisas a persoas dedicadas á apicultura en Galicia, estimaron que os custos de control e prevención nos que incorreron ascenden a 2,5 millóns de euros.
  comenta   0
O teléfono do 012 Galicia reforzará o seu horario desde o 15 de xullo ata mediados de setembro para as incidencias desta especie
  comenta   0