Intensificase a batalla contra as velutinas: duplícase a captura de raíñas ata superar as 230.000

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2025 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A Xunta duplicou a captura de raíñas de avespas velutinas no que vai de ano, ata superar as 230.000, fronte ás 113.000 capturadas en 2024. Estes datos foron posibles debido ás 18.500 trampas colocadas entre marzo e xuño deste ano na totalidade dos concellos galegos.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, informou de que o número de avisos no teléfono 012 sobre a presenza desta especie reducíronse en case un 30% nos dous últimos anos en comparación co período 2020-2023 previo á posta en marcha do trampeo selectivo, controlado e geolocalizado.

Ademais do plan de choque, o plan centralizado a través de Seaga permitiu a retirada de máis de 14.400 niños entre xaneiro e setembro deste ano, dos que nove de cada dez elimináronse ou neutralizaron durante a época estival. Natalia Prieto destacou que coa captura das raíñas evítase a proliferación de niños primarios e a aparición de futuros niños secundarios, ao mesmo tempo que se reducen os danos desta especie na apicultura e nos cultivos froiteiros.

Dos 25.103 avisos recibidos desde o 1 de xaneiro a 22 de setembro deste ano, 2.697 correspóndense con casos asignados ao 112 Galicia para a súa retirada inmediata por tratarse de casos de urxencia. Entre os 22.406 avisos restantes, 14.425 correspóndense con niños retirados, o 93% deles durante a época estival.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, nunha rolda de prensa sobre velutina
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, nunha rolda de prensa sobre velutina | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta