Un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, con sede no campus industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), demostrou que os restos poden utilizarse como compoñentes de ecoformigóns, onde substitúen ata un 20 % do árido groso tradicional sen alterar a resistencia dos materiais.
A investigadora e profesora pertencente ao Departamento de Bioloxía da Universidade da Coruña (UDC) María José Servia García explica como esta especie asiática se adapta aos cultivos galegos e por que o comercio global e o cambio climático xogan ao seu favor.
  comenta   0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou este luns que o Consello da Xunta acordou este luns destinar 7,2 millóns de euros ás universidades de Santiago de Compostela e Vigo para avanzar na renovación e na modernización dos seus edificios ao amparo do Plan de infraestruturas universitarias aprobado no 2023.
  comenta   0
A Universidade de Stanford, en Estados Unidos, publicou o seu ranking 'A World's Top 2 % Scientist List' no que inclúe a 26 persoas que forman parte do Persoal Docente e Investiador (PDI) da Universidade dá Coruña (UDC).
O auxe das vivendas turísticas en Galicia dispara a presión sobre os barrios e obriga a repensar o modelo: nin prohibir, nin permitir sen límites, senón planificar con sentido común. Falamos con Carlos Alberto Rivas Iglesias, profesor da facultade de Turismo da UDC sobre unha cuestión que está no centro do debate.
  comenta   0
Un novo estudo realizado por persoal investigador da Universidade da Coruña (UDC) conclúe que "non hai evidencia de que o uso de trampas reduza o dano" e que, ademais, "as trampas actuais teñen moi baixa eficacia e capturan moitos outros insectos beneficiosos".
  comenta   0
O estudo busca aumentar a precisión das previsións de choiva e caudal, reducindo os riscos e danos en zonas vulnerables.
O conselleiro de Universidades falou de "pasos firmes", sobre os que esperan alcanzar unha maior concrección á volta de verán, cando se renoven as reunións do grupo de traballo
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterou este martes a vontade do seu Goberno de avanzar en "descentralizar" o Grao en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) para que cada vez se imparta máis docencia fóra da capital.
  comenta   0
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, saíu do paso ante a nova polémica aberta coa Universidade da Coruña (UDC) polo convenio coa Consellería de Sanidade para adscribir todos os hospitais galegos ao Grao en Medicina que se imparte na capital
  comenta   0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou que o Sergas pon "a disposición todas as instalacións" co obxectivo de "asegurarse a mellor práctica e a mellor docencia en Galicia"
A Universidade da Coruña lidera a aplicación de solucións sostibles e a cooperación internacional para restaurar o ciclo natural dos sedimentos.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, insistiu en que a Xunta mantén a súa aposta pola "descentralización" do grao pola USC e por manter a "facultade única" de Santiago.
Reivindica a necesidade dunha única facultade e avanza no diálogo para a descentralización da docencia clínica.
O Consello de Goberno aproba iniciar o proceso para ofertar a titulación no curso 2027/28, malia o grupo de traballo para a súa descentralización.
Trátase dunha das actividades que forman parte do programa da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial que impulsan a Universidade da Coruña e o Concello de Ferrol.
  comenta   0
Os alumnos que fixesen a convocatoria extraordinaria da Proba de Acceso á Universidade (PAU) incorporaranse ao cuarto chamamento, que será o 24 de xullo, pero atoparanse con que a gran maioría dos graos xa están completos.
  comenta   0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP acusou este mércores á Universidade da Coruña (UDC) de "non achegar a información necesaria" sobre o desequilibrio financeiro de 13 millóns de euros
  comenta   0
As titulacións que pecharon coa nota de corte máis alta volveron a ser, como todos os anos, o dobres grao en Matemáticas e Física (13,458) e en Enxeñaría Informática e Matemáticas (13,113), ambos pola USC. Séguelles Medicina na USC (12,953) e Aeronáutica na UVigo (12.865).
  comenta   0
Belén García Cabeza foi recoñecida co premio á mellor tese doutoral no IV edición do Premio de Investigación en Estudos de Xénero do Grupo 9 de Universidades.
As estafas dixitais xa non veñen con faltas de ortografía nin desde enderezos estraños. Chegan por WhatsApp, por SMS ou cun correo que parece real. Xogan coa présa, co despiste, coa emoción. E hoxe calquera pode ser vítima, non importa a idade. Galicia Confidencial fala con Fidel Cacheda, catedrático da UDC, sobre as ciberestafas.
  comenta   0
Asegurou que "o mellor modelo" para Galicia é o da "descentralización" e considera que se debería imitar o modelo do País Vasco que é "o que máis se parece". En concreto, os tres primeiros anos impartiríanse en Santiago e, a partir de cuarto, daríase a descentralización --tanto teoría como parte clínica-- noutras cidades.
  comenta   0
Cuestionado sobre se a Xunta tería capacidade para bloquear a posta en marcha dunha facultade de Medicina na Coruña, Gómez Caamaño dixo que "non o sabe" porque non coñece as atribucións da Consellería de Educación, pero "imaxina que si".
A USC non ten "liñas vermellas" aínda que insiste en manter o acordo de 2015, o cal a comisión, presidida pola UVigo, buscará reeditar. A UDC confirma que seguirá adiante coa súa proposta de ter un grao propio.
  comenta   0
A UDC, sobre o apoio no pleno da Coruña: "Reforza a vontade de traballar na proposta"
No rural galego, as mulleres emprenden máis ca os homes e as iniciativas resisten mellor ca nas cidades, como sinala Nuria Begoña Calvo Babío, catedrática de organización de empresas da UDC e directora técnica do Observatorio do Emprendemento de España.
  comenta   0
Por agora, das tres universidades públicas galegas só a de Santiago de Compostela oferta esta titulación aínda que había desde 2015 un acordo que recollía a descentralización da docencia clínica nos cursos de cuarto, quinto e sexto.
Di que reducirá ata un 9% do caudal de afluentes e que as verteduras serán "mínimas". A promotora pon a disposición de quen o solicite 8.700 folios do proxecto tras reclamar transparencia máis de 200 colectivos sobre minas estratéxicas
  comenta   0
Jaime Fagúndez, investigador da Universidade da Coruña (UDC) e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), convida a ver o mantemento das poboacións de 'bestas' en Galicia como "unha peza clave para manter os ecosistemas naturais no mellor estado posible, de maneira que os faga o máis resilientes posible aos cambios que xa temos enriba, como é o caso do cambio climático".
  comenta   0