"A declaración de impacto ambiental emitida polas autoridades competentes non constitúe unha autorización para o desenvolvemento do proxecto", advirte a comisaria de Medio Ambiente, Jessika Roswall
  comenta   0
O investigador do centro CRETUS da USC Jonatan Rodríguez asegura que dá conta das características biolóxicas desta árbore e explica se estas entran na liña do que demos en chamar especies invasoras ou, pola contra, só estamos ante unha especie exótica.
  comenta   0
Antonio Rigueiro, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, advirte de que "é bo diversificar e frear a expansión abusiva e desordenada do eucalipto, pois, do contrario, as consecuencias para o monte galego serán moi graves". A moratoria, di, serviu para frear a febre plantadora, pero non abonda: "Se esta remata, a situación podería volver ser igual ou mesmo peor que antes".
  comenta   0
"Nin un só eucalipto máis nos nosos montes durante os próximos cinco anos, Galicia por diante das macrocelulosas contaminantes", sintetizou nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega.
  comenta   0
Anuncios en concellos da franxa atlántica alertan da ofensiva discreta de Navigator, que busca garantir subministración local sen instalar industria... polo de agora.
  comenta   0
A cadea de valor da madeira reunida na Fundación Arume, xunto con organizacións ecoloxistas, fundacións da sociedade civil, comunidades de montes veciñais e expertos académicos advirten de que en 2023 xa superaba as 419.000 hectáreas, 6.000 hectáreas máis que o ano anterior.
  comenta   0
"Fábricas como Ence e Elnosa empregaron durante décadas unha tecnoloxía baseada na produción de celulosa tipo 'kraft', igual á prevista agora por Altri", di a neurocientífica galega Sonia Villapol. "A pesar da súa longa actividade, non existen estudos epidemiolóxicos públicos e independentes que analicen a relación entre a exposición aos contaminantes industriais e a incidencia de enfermidades nas poboacións próximas nin nos seus traballadores".
  comenta   0
Parabéns bem merecidos polo reconhecimento que te fizeram desde a Academia de Artes da Galiza. Toda Galiza está em dêveda contigo em quanto mantenha tua lembrança agradecida.
  comenta   1
Debido á aparatosidade do suceso, formáronse longas retencións na vía afectada, ao redor do quilómetro 459 da A-6 sentido Madrid.
A Organización Galega de Comunidades de Montes (Orgaccmm) afirmou que o carácter "neoliberal" da Xunta fai que os montes comunais "molesten", xa que "non pode facerse negocio con eles" e "estorban aos empresarios"
  comenta   0
As persoas que realizan tallas de árbores baixan en 5.222 respecto ao ano anterior e teñen unha idade media de 64 anos.
  comenta   0
Os feitos tiveron lugar en setembro de 2018 cando o operario falecido foi reparar unha máquina "sen recibir instrucións e sen coñecemento nin autorización de ningún xefe de taller ou de mantemento".
  comenta   0
O secretario xeral de Comisiones Obreras en Soria, Javier Moreno, considera que "esta situación é consecuencia dunha mala xestión".
  comenta   0
A peza, datada no Baixo Imperio Romano, está en excelente estado de conservación e foi adquirida a unha galería de Nova York.
A multinacional portuguesa reforza a súa presenza en Galicia e a súa alianza con Greenalia, a través de Smarttia, o holding empresarial controlado por Manuel García Pardo. Un movemento empresarial que ten lugar nun momento decisivo para a aprobación da gran megacelulosa en Palas de Rei.
  comenta   0
Os traballadores denuncian que a "falta de limpeza industrial", as instalacións "obsoletas" e manobras de operación "que causan unha precariedade, penosidade e exposición a riscos nunca antes vista na fábrica".
  comenta   3
A temática proposta este ano polo Concello é 'Camiño a Belén', así que desde os cinco barrios, os leds que envolven os farois públicos e numerosas estrelas de madeira elaboradas por veciños, levan a calquera visitante cara á praza do Concello.
  comenta   0
As aldeas de Nadal popularizáronse tanto nos últimos anos que cada vila galega que as ten entre a súa decoración festiva inclúe algunha característica diferencial das demais. Hoxe o GC visita a de Cambados.
  comenta   0
Xosé Covelo, enxeñeiro de montes e director técnico da Asociación Forestal de Galicia (AFG), reivindica que "o poder unificar esas parcelas e microparcelas de propiedade particular en zonas de xestión forestal conxunta é unha fórmula que leva anos tratando de potenciarse para evitar problemas como os incendios ou o abandono".
  comenta   0
Este parásito, que se transmite entre árbores, é causante da enfermidade de marchitamento dos piñeiros, e presenta unha gran capacidade de dispersión a través da circulación de mercadorías. En 2010, detectouse por primeira vez a presenza desta praga no municipio pontevedrés das Neves.
  comenta   0
O Galicia Confidencial fai unha parada na súa axenda para visitar este museo de Allariz que, a través de preto de 1.500 pezas que van dende o ano 1910 ata o 1978, consegue devolver aos máis maiores á súa infancia e amosarlle aos nenos como se divertían os seus pais e avós no pasado.
  comenta   0
Directivos da empresa tentan catar alumnado en foros de empresa da USC e en varios centros de FP de Galicia. A empresa insiste en que creará 500 empregos "nunha fábrica que funcionará 24 horas para crear dous produtos finais a partir da madeira do eucalipto".
  comenta   0
Aínda que nin mentres estudaba nin ao longo da súa traxectoria profesional se sentiu discriminada polos homes que a rodeaban, si apunta que "a diferenza fundamental que creo que sentimos as mulleres que formamos parte de sectores masculinizados, aínda que tamén acontece dentro dos sectores máis feminizados, é que no momento en que accedemos a unha área de dirección ou a un posto intermedio, semella como se tivésemos que amosar a nosa valía todos os días; mentres que, pola contra, cando un home chega a un certo nivel de responsabilidade, a ostentar un certo rango dentro do escalafón de mando, xa se lle presupón a capacidade, o coñecemento e a dilixencia para estar aí e tomar decisións".
  comenta   0
Unha importante parte do centro da capital galega permanece deshabitado. Trátase de impoñentes casas dos séculos XVIII e XIX que contan con máis de catro plantas e que, a día de hoxe, non se poden sequera poñer á venta por pisos nin converterse en hotel. O evento Creafogar ensina como se lle pode dar unha segunda vida a estas edificacións combinando mobles novos creados por artesáns galegos con mobles antigos.
  comenta   0
Os procesados fracturaron os estantes e escaparates "tratando de procurar a maior desfeita do local comercial", mentres os vexaban con expresións como "moros de merda, mortos de fame, marchádevos ao voso país, ímosche a queimar a tenda".
Galicia, no seu conxunto, encabeza o ranking nacional cun 31 % de persoas declarando ser supersticiosas, o equivalente a máis de 3 de cada 10 galegos superticiosos, segundo os datos dun recente estudo.
  comenta   0
A Federación Ecoloxista Galega denunciou ante a empresa especializada AENOR a posible certificación fraudulenta utilizada pola Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal (EGS), un selo de calidade ambiental utilizado por ENCE.
  comenta   0
O GC fala co que foi concelleiro de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro no ano 2020, Xoán Xosé Vicente, para coñecer como se realizou a restauración deste espectacular hórreo, único en Galicia polo seu arco que o sostén e que dá entrada á finca da que forma parte.
  comenta   0
A unión de Tevasa Forestal Group e The Macallan permitirá "internacionalizar" a exportación de carballo.
  comenta   0