ADEGA alerta de que este proxecto non se axusta ao principio de economía circular e está pragado de incertezas e omisións.
  comenta   0
As administracións estableceron moratorias que prohiben temporalmente esas plantacións; no caso de Galicia, desde 2021 ata finais de 2025. Sumar di que a megapapeleira é un "atentado" contra a saúde pública.
  comenta   0
O presidente galego defende a explotación de minerais raros en Galicia e critica, novamente, aos do "non". "Que tipo de industria lle vale ao BNG?", pregúntase. Pontón propón declarar estratéxicos os recursos mineiros e o conxunto dos recursos naturais galego.
  comenta   0
O Tribunal Constitucional enmenda a decisión do Tribunal Supremo que contradicía á Audiencia Nacional que non vía legal a prórroga a Ence en Pontevedra. Agora, coa decisión do TC o recurso do Concello de Pontevedra contra a concesión da prórroga a Ence na ría, podería verse reforzado. Antón Masa, da Plataforma para a Defensa da Ría, insiste en que nin sequera a resolución da AN nin sequera está materializada por iso moitos consideran a concesión a Ence caducada
  comenta   0
Faino un día despois de coñecerse que o Tribunal Constitucional revisará a decisión do Tribunal Supremo de manter á papeleira na ría de Pontevedra.
  comenta   0
"Galicia converteuse para o eucalipto nunha romaría que leva celebrándose dende hai máis de 50 anos, na que cada un pode facer o que queira, cortar o que queira e plantar o que queira", lamenta o catedrático da USC Javier Guitián, que, aínda con dúbidas, aposta por prorrogar a moratoria sobre as plantacións de eucalipto, pero "poñendo máis esforzo en controlalas, porque se non se vixían os montes ao completo, a xente seguirá facendo deles o que queira".
  comenta   0
"Nin un só eucalipto máis nos nosos montes durante os próximos cinco anos, Galicia por diante das macrocelulosas contaminantes", sintetizou nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega.
  comenta   0
Anuncios en concellos da franxa atlántica alertan da ofensiva discreta de Navigator, que busca garantir subministración local sen instalar industria... polo de agora.
  comenta   0
A estas alturas da película, ben pouco defendible é ALTRI. Prexudicará a Ulla, o Camiño Francés, a paisaxe, o marisqueo, aumentará, indirectamente, o risco de incendios...
  comenta   0
Colectivos ecoloxistas reclaman a retirada de ambos proxectos e denuncian os riscos para a biodiversidade e os bancos marisqueiros da ría de Arousa
  comenta   0
A mobilización inclúe rafting reivindicativo e unha concentración para denunciar o impacto ambiental do proxecto industrial
  comenta   0
O documental 'Ou Ulla se' recolle a oposición ao proxecto de Altri en Palas de Rei (Lugo) a través de testemuños de veciños e as mobilizacións que protagonizaron en contra desta fábrica da pasteira portuguesa.
A mobilización inclúe unha descida en rafting e rematará cunha concentración en Padrón con actuacións musicais e lectura dun manifesto
  comenta   0
"Todo o que acontece nun punto do río terá sempre afeccións augas abaixo", advirte Horacio García, profesor titular de Xeografía Física na Universidade de Santiago de Compostela (USC), alertando do impacto de Altri sobre a saúde hídrica de Galicia e do río Ulla ante unha vertedura anual de máis de 22.000 toneladas de compostos químicos á auga.
  comenta   0
"Fábricas como Ence e Elnosa empregaron durante décadas unha tecnoloxía baseada na produción de celulosa tipo 'kraft', igual á prevista agora por Altri", di a neurocientífica galega Sonia Villapol. "A pesar da súa longa actividade, non existen estudos epidemiolóxicos públicos e independentes que analicen a relación entre a exposición aos contaminantes industriais e a incidencia de enfermidades nas poboacións próximas nin nos seus traballadores".
  comenta   0
"A dimensión do proxecto, o seu consumo desmesurado de recursos naturais, a súa proximidade a núcleos habitados e a acumulación de riscos ambientais e sociais, deixan claro que non estamos ante un risco hipotético, senón ante unha ameaza certa, previsible e perfectamente evitable", denuncia a neurocientífica galega Sonia Villapol.
  comenta   0
Anuncia a creación dun "cinto verde" para tapar as grandes chemineas da celulosa con carballos, castiñeiros, bidueiros ou acivros e cunha área de especies protexidas e endémicas da zona.
  comenta   2
"A mobilización contra Altri deu un inesperado golpe de efecto chegando até a Santa Sé, onde os representantes da plataforma de oposición á macropasteira, convenceron o sumo pontífice da gravidade da situación."
  comenta   0
Insiste que non aportará axudas adicionais da Xunta á megacelulosa porque "(desde o Goberno central) dixéronnos que había que promocionar proxectos estratéxicos xa que ían ter financiamento".
  comenta   0
Abel Losada sinala que o proxecto de Altri "entrou con mal pé" e ten moitos efectos medioambientais. Pontón insiste en que co proxecto de Altri a Xunta "está a pór en risco toda a produción da ría de Arousa e da comarca do Ulla".
  comenta   0
A manifestación, impulsada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, reuniu embarcacións e cidadanía contra os proxectos industriais en Palas de Rei e Touro
  comenta   0
O BNG advirte de que Altri é unha "liña vermella" na súa relación co Goberno: "Xa non valen as ambigüidades. A Xunta insiste que esas axudas dependen de Madrid.
  comenta   0
A Xunta concédelle o permiso ambiental a Altri. Rueda pide respeto aos técnicos. A industria portuguesa será construída en Palas de Rei. O seu alcalde apoia a medida.
  comenta   3
A Coruña e Cambados posicionan á macrocelulosa que Altri quere instalar en Palas de Rei como protagonista das súas reivindicacións.
  comenta   0
A Xunta di que teñen que ser particulares afectados directamente polo proxecto ou asociacións e organizacións representantivas, entre outros.
  comenta   0
A Policía fala de 40.000 persoas, os organizadores de 100.000. "Unha "mobilización histórica" coa que reivindican que a Xunta "non ten o consenso social" para instalar a factoría.
  comenta   0
A Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) convoca unha concentración o domingo 15 de decembro de 2024, ás 12:00 h. na Plaça da Vila de Gràcia, para protestar contra a implantación da macrocelulosa na comarca da Ulloa.
  comenta   0