O PPdeG defende Altri na UE e pide que sexa Europa a que decida sobre as súas axudas

O BNG cualifica de "insultante, bochornoso e provocador" converter en "icona" a cheminea de Altri

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2025 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O PPdeG está dispusta a que Altri teña os 250 millóns que pide, tras descartar o Goberno central á multinacional portuguesa como recpetora dos fondos europeos do Perte de industrialización. Neste sentido, o portavoz do grupo Popular no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos, contrapuxo a "anomalía" sobre a exclusión do proxecto da multinacional lusa Altri en Palas de Rei do Perte de descarbonización con que a Unión Europea "garante obxectividade" á hora de avaliar se recibe fondos públicos.

Así o detallou este venres a preguntas dos medios tras o "intercambio de impresións" da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, coa comisaria de Medio Ambiente, Resiliencia Hídrica e Economía Circular Competitiva, Jessika Roswall, no marco do Congreso da PPE en Valencia. "Houbo un intercambio de impresións, no sentido de pedir obxectividade, que garante a UE e que non pode ser doutra forma, esa é a normalidade. Anomalía é o que pasa en España", remarcou.

Os populares galegos o que piden é que, na Unión Europea, haxa unha "avaliación técnica" e que se resulta positiva se lle outorgue ese financiamento e se é negativa se lle denegue. "Temos esperanzas de en Europa o tratamento sexa outro, que se mostre seriedade e que, por tanto, aqueles proxectos que se pretenden instalar en Galicia e cumpran cos requisitos legais, obteñan ese financiamento positivo", esgrimiu Pazos.

Proxecto de Altri en Palas de Rei
Proxecto de Altri en Palas de Rei | Fonte: Arquivo

BNG

O viceportavoz do BNG no Parlamento de Galicia, Luís Bará, cualificou como "absolutamente insultante, bochornoso e provocador" que a Xunta propoña converter a cheminea de 75 metros de Altri "nunha icona".

Así figura no informe de Patrimonio Cultural, un dos máis de 30 nos que se basea a declaración de impacto ambiental á que deu luz verde a Xunta, no que informa favorablemente este proxecto en Palas de Rei.

O documento recolle que, a cheminea coa súa cor --fixa tons como o verde, marrón ou gris que "se mimeticen coa contorna"--, a súa forma e a través de "incorporar elementos decorativos ou artísticos que a convertan nun elemento icónico en lugar dunha intrusión visual".

Luís Bará fixo, este venres en rolda de prensa, unha valoración da documentación que recibiu o BNG en relación coa DIA deste proxecto e denunciou que está "incompleta" porque a Xunta "non lle entregou" dous informes de saúde pública. Con todo, o BNG tivo acceso a eles a través doutras vías, segundo afirmou Bará.

Luís Bará pediu "responsabilidades" e a dimisión ou o cesamento inmediato da directora xeral Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, por asinar ese documento e por "contemplar ese tipo de propostas".

Así mesmo, que o documento sexa rúbricado por unha directora xeral ao BNG chámalle " a atención" e Bará preguntouse se "non había ningún técnico que estivese disposto a asinar ese documento, xa que iso non pasa nos demais informes".

En referencia ao impacto visual, denunciou que o "tenten camuflar" cunha "pantalla de árbores" que tardarán 15 anos en alcanzar os 15 metros e hai caldeiras que "miden 60 metros".

"FRAUDE DE LEI"

O BNG tamén acusou ao Executivo autonómico de incorrer en "fraude de lei" por tramitar o proxecto da multinacional lusa cunha DIA que "só afecta" á primeira parte.

En canto aos dous informes de saúde pública, que a Xunta "non remitiu" ao BNG, Luís Bará alertou de "un intento deliverado de ocultación deses informes" e cre que un dos documentos "foi modificado" o día que se fixo pública a DIA porque "tiña expresións incómodas", que "podían ser comprometedoras".O PPdeG contrapón a "anomalía" ao redor da exclusión de Altri do Perte con que a UE "garante obxectividade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta