Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/05/2025 | Actualizada ás 11:23
A Xunta de Galicia fixo público no Diario Oficial de Galicia a declaración de impacto ambiental (DIA) favorable para o proxecto industrial estratéxico de planta de biofibra reciclada blanqueada e as súas infraestruturas auxiliares promovida por Ence nas Pontes. Faino un día despois da histórica decisión do Tribunal Constitucional de revisar a permanencia da factoría que esta papeleira ten en Pontevedra dictaminada polo Tribuanal Supremo.
"A obtención da DIA favorable non só valida o compromiso ambiental do proxecto, senón que tamén permite avanzar con paso firme cara á execución dunha iniciativa estratéxica para a reindustrialización sustentable da comarca", destaca a celulosa nun comunicdo. O proxecto das Pontes que impulsa Ence nesta localidade da Coruña combina a recuperación de fibras papeleiras e téxtiles, produción de enerxía renovable e captura de CO2.
Ence investirá até 355 millóns na realización das tres fases que contempla este proxecto que xerará preto de 1.250 postos de traballo. A primeira suporá a posta en marcha dunha planta de fibra recuperada na que se inclúe a planta piloto de recuperación de fibras téxtiles; a segunda contempla unha planta de coxeneración de 150 MW de potencia térmica e ao redor de 50 MW de potencia eléctrica e a terceira, unha planta de tisú.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.