Nun momento no que a medicina personalizada promete revolucionar a forma de tratar enfermidades, cada novo fármaco que chega ás farmacias é o resultado dun proceso titánico que mestura ciencia básica, tecnoloxía avanzada, regulación estrita e, sobre todo, un compromiso colectivo por mellorar a vida das persoas.
  comenta   0
O subdelegado do Goberno en Pontevedra sinala que, nunha recente reunión do comisario xefe provincial co xerente do Complexo Hospitalario, confirmóuselles que a UAR situarase no sexto piso do edificio do Montecelo vello.
  comenta   0
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) tratou a case 10.000 pacientes de hepatite C nos dez anos que leva o plan para a abordaxe da enfermidade no Sistema Nacional de Saúde (SNS). O obxectivo da Xunta é reducir a enfermidade nun 90 % de cara a 2026.
  comenta   0
Desde a formación política aseguran que, como noutras moitas zonas de Galicia, no Courel o problema está a alcanzar niveis alarmantes e quéixanse de que no derradeiro ano a administración non realizou ningunha acción para atallar o avance do cancro nin da avespiña nos soutos deste territorio.
O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, anunciou este luns o aumento de casos de vexigas do mono, mpox, incluído un incremento recente en África Occidental, e a probable transmisión non detectada nalgúns países fóra do continente africano.
  comenta   0
O tamén catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública pola USC advirte dos cambios do virus H5N1, que dende 2022 contaxiou a especies nunca antes afectadas, como mamíferos, incluídos humanos.
  comenta   1
Ana María López Beceiro, profesora da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), asegura que "a gripe aviaria é unha enfermidade vella coñecida que, de cando en vez, volve con forza". E sinala que "o tratamento natural para ela é que os exemplares máis débiles rematen morrendo e o virus quede sen hospedador".
  comenta   0
A directora xeral de Saúde Pública destaca o modelo galego como exemplo para todo o sistema sanitario español.
"O picudo veu para quedar, como a covid nos humanos", alerta Rosa Pérez Otero, técnica da Estación Fitopatolóxica Areeiro que pide que non se realicen as podas no verán, porque "o cheiro que desprenden as palmeiras ao cortalas atrae a máis picudos".
  comenta   1
A doutora de oncoloxía no Hospital de Santiago Carmela Rodríguez, asegurou que "contar con todas as unidades baixo un mesmo teito permite pasar da secuenciación do tumor á proposta de tratamento en cuestión de días", un tempo que "é ouro para as pacientes con esta enfermidade avanzada".
  comenta   0
O medicamento incluirase na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde e supón unha innovación nunha área terapéutica onde non se producían incorporacións farmacolóxicas desde os anos 90.
  comenta   0
A iniciativa busca sensibilizar sobre a saúde mental a través de testemuños de persoas diagnosticadas e as súas contornas máis próximas
  comenta   0
A expansión da doenza da 'banda marrón' está a transformar o modelo forestal galego. Como apunta Antonio Rigueiro Rodríguez, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, "estamos ante un problema moi serio e sen precedentes recentes".
  comenta   0
Antonio Rigueiro, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, advirte de que "é bo diversificar e frear a expansión abusiva e desordenada do eucalipto, pois, do contrario, as consecuencias para o monte galego serán moi graves". A moratoria, di, serviu para frear a febre plantadora, pero non abonda: "Se esta remata, a situación podería volver ser igual ou mesmo peor que antes".
  comenta   0
Os técnicos da estación de Areeiro recomendan comprobar que non haxa fructificación ou zonas de avance das manchas antigas, en especial nos predios que levan máis tempo sen recibir tratamentos.
  comenta   0
Especialistas alertan da asma grave, cunha prevalencia no 5 e o 10% das persoas con esta doenza
O proxecto Renace busca biomarcadores asociados ao envellecemento saudable nos centenarios, máis de 2.000 en Galicia. Os humanos poderían chegar a vivir ata 150 anos o próximo século, pero "moi poucos" con calidade de vida, prognostica o doutor Armenteros.
A Toño ningún médico soubo dicirlle cal é exactamente a enfermidade que padece, por iso o tratamento que recibe é só para paliar os seus síntomas, como as dores nos pés, o formigueo, o exceso de salivación ou a fatiga ao respirar.
  comenta   0
O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se cualifica de utilidade pública a erradicación da praga da flavescencia dourada da vide. Esta norma establece medidas de prevención e loita, así como os deberes das persoas operadoras profesionais, titulares de parcelas de viñedo e profesionais para o seu control.
  comenta   0
Unha emerxencia sanitaria internacional, oficialmente denominada Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional (ESPII), é unha declaración formal realizada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) ante eventos extraordinarios que representan un risco para a saúde pública máis aló das fronteiras nacionais e que requiren unha resposta internacional coordinada.
  comenta   0
Fabiola García insiste en que esta condición "non pode ser obstáculo para unha praza" e o BNG pide a súa inclusión en centros especializados.
  comenta   0
"Algúns estudos demostraron que falar máis dunha lingua ten beneficios á hora de atrasar os síntomas cognitivos da demencia até catro e cinco anos", apuntan investigadores. Un estudo da UOC analiza datos de 2.700 individuos, fillos de pacientes de Alzheimer, cedidos polo Barcelonaβeta Brain Research Center da Fundación Pasqual Maragall.
  comenta   0
A Universidade da Coruña (UDC) lembra que a oncoloxía computacional estuda modelos biomatemáticos e métodos computacionais para describir e predicir o crecemento de tumores e a súa resposta aos diversos tratamentos.
A Xunta di que Galicia "está á vangarda de España na detección temperá" de enfermidades raras, con 5.217 casos.
  comenta   0
En Galicia, despois da ELA, as enfermidades con máis rexistros son a colangitis biliar primaria con 441 casos, dos cales 399 son mulleres e 42 son homes, e a enfermidade de Huntington con 294 caso, dos cales 158 son mulleres e 136 son homes
  comenta   0
UGT di que dúas xuízas de apoio e tres substitutos tiveron que facerse cargo do resto de causas.
Insisten na importancia de participar en cribados de cancro e piden medidas para reducir o tabaquismo. Máis de 40 relatores e 150 persoas participan este xoves e venres en Vigo no VII Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión.
  comenta   0
A realidade é que "o xabaril non está baixo control", lamenta o responsable de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias (UU.AA.), Jacobo Feijóo, que asegura que "só coa caza social non chega", como evidencia o importante incremento de accidentes de tráfico por atropelo destes animais e o aumento das súas incursións en núcleos urbanos e periurbanos.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego (SLG) reclama que as axudas da Xunta pola enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) cubran o lucro cesante e "a totalidade" dos gastos veterinarios.
  comenta   0
O programa galego de detección precoz de cancro de pescozo uterino, posto en marcha en 2021, diagnosticou ata decembro un total de 41 casos, dos que o 76 % estaban en fase inicial, segundo se deu a coñecer no balance realizado pola Consellería de Sanidade, coincidindo coa semana europea de prevención deste tipo de cancro.
  comenta   0
O presidente galego enmenda, en parte, ao deputado popular que idxo que non hai constancia de mortes no campo de concentración franquista.
  comenta   0
Complementar o apoio familiar co dun centro especializado aumenta significativamente as posibilidades de éxito na rehabilitación e reduce o risco de recaídas.
  comenta   0
O tres nenas, de entre 6 e 16 anos, conviviron en varias ocasións co home, parella sentimental da súa avoa.