Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2025 | Actualizada ás 17:04
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, erixiu en "exemplo" a actuación da Xunta fronte á enfermidade hemorráxica epizoótica, que afecta as vacas. Un proceder que para o BNG é "lento, desorganizado e totalmente falto de rigor". Ese foi o cruzamento de impresións que protagonizaron o director xeral e a deputada nacionalista Ariadna Fernández na comisión de agricultura do Parlamento este venres.
No transcurso da mesma, o Bloque reclamou á Consellería de Medio Rural que subvencione a vacinación gratuíta e voluntaria do gando para previr esta enfermidade este verán. Fernández criticou a falta de persoal para diagnosticar a enfermidade, ao que Balseiros respondeu admitindo que "claro" que a Xunta se viu "desbordada", pero defendeu que tomou medidas.
"É unha pena que o que se ve ben feito e serve de exemplo para o ministerio e para outras comunidades, vostedes veñan aquí a botar por terra, pero empeza a ser habitual", lamentou o alto cargo, quen tamén advertiu de que "non é o mesmo vacinar en Madrid que en Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.