A Fundación María José Jove vén de presentar a serie de podcast 'Rostros fronte ao espello', un proxecto dirixido a dar visibilidade á realidade do trastorno bipolar e combater os estigmas sociais asociados ás enfermidades mentais. A iniciativa enmárcase no traballo que a entidade realiza para promover a concienciación e o apoio á saúde mental en Galicia.

O programa recolle os relatos de dúas persoas diagnosticadas con trastorno bipolar, así como os de familiares e profesionais da saúde mental que as acompañaron no proceso desde o diagnóstico ata a estabilización do tratamento. A través destes testemuños, abórdase como a enfermidade impacta tanto na vida persoal como na contorna próxima das persoas afectadas, e como, con apoio e recursos axeitados, é posible levar unha vida plena.
Desde a Fundación destacan que a proposta nace coa intención de romper o silencio e os prexuízos arredor do trastorno bipolar, unha enfermidade "que continúa estigmatizada e moitas veces incomprendida". O proxecto contou coa colaboración directa de pacientes e das súas familias, que decidiron participar activamente para visibilizar a súa experiencia e fomentar unha maior empatía social.
"Queremos poñer o foco non só nos efectos clínicos, senón tamén nas dimensións emocionais e sociais que rodean o trastorno bipolar", indican desde a entidade, que subliña a necesidade de "xerar espazos de comprensión e diálogo sobre a saúde mental".
O podcast 'Rostros fronte ao espello' xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais e forma parte das accións que a Fundación María José Jove desenvolve para apoiar a inclusión, a educación e o benestar emocional da cidadanía galega.
Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
- A Xunta e a USC pactan reformular o Máster en Matemáticas e retomar a súa oferta en 2026-27
- Redondela reabre ao baño a praia de Arealonga
- O CRETUS cumpre 10 anos xa situado na "vangarda" da investigación ambiental
- Caballero esixe á Xunta que remate co maltrato á educación viguesa
- Falece unha muller na praia de Covas tras sufrir un desmaio na auga
- Detido en Vigo un home con máis de 100 pastillas de anabolizantes e viagra no coche