O Consello de Ministros aproba unha partida de 68 millóns para o SNS, coa incorporación dos maiores de 65 anos como novo colectivo prioritario.
  comenta   0
Nun comunicado, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou de que esta intervención foi realizada nas últimas semanas a un paciente de 77 anos de idade e consistiu no emprego dunha nova técnica TAVI que permite reposicionar a prótese Allegra, con sistema de entrega Imperia.
Ata o 3 de novembro, os afectados e as súas familias poden acceder a estas prestacións para afrontar os custos derivados da enfermidade.
  comenta   0
A AEMPS e o Comisionado de Saúde Mental instan a extremar precaucións ante a calor e ofrecen consellos de prevención.
  comenta   0
Mulleres embarazadas e colectivos como Arrolos de Teta denuncian a falta de privacidade e condicións hixiénicas adecuadas no novo emprazamento.
  comenta   0
Galicia rexistra 5.217 pacientes e 430 patoloxías raras: as máis comúns son o ELA, a cirrosis biliar primaria e a enfermidade de Huntington. Case o 50 % dos pacientes con enfermidades raras esperan "ata catro anos" desde que aparecen os primeiros síntomas ata que obteñen un diagnóstico.
  comenta   0
A medida incorpora novas áreas como enfermidades otorrinolaringolóxicas, renais e óseas, garantindo o acceso homoxéneo en todas as comunidades autónomas.
  comenta   0
Antonio Gómez Caamaño asegura que todas as camas están dispoñibles, pese á planificación estival pola falta de persoal.
  comenta   0
Así o apuntou un estudo realizado pola iniciativa 'Para ti, paliativos', un movemento apoiado por máis de 50 entidades do ámbito sociosanitario.
  comenta   0
Antonio Gómez Caamaño resalta a importancia do rexistro de pacientes e a aposta pola investigación durante o Congreso Nacional de Esclerodermia celebrado en Santiago
  comenta   0
Sr. Director: Segundo datos publicados recentemente El País, un 38% da poboación española opina que as listas de espera na sanidade empeoraron moito durante o último ano.
  comenta   0
A hemofilia B é unha enfermidade rara ou pouco frecuente, cunha incidencia de 5/100.000 homes, de transmisión xenética, ligada ao cromosoma X e causada pola carencia ou déficit do factor IX. Aínda que afecta principalmente os homes, tamén se pode observar en mulleres portadoras de mutacións que a causan.
Nos últimos catro anos, houbo en Galicia 12.000 posibles casos de trauma grave, por iso se estima que cada ano este protocolo poderíase activar ao redor de 3.000 veces.
  comenta   0
As propiedades da semaglutida "melloran a sensibilidade da insulina e reducen a cantidade de tecido adiposo epicárdico", polo que podería ser unha estratexia terapéutica preventiva en pacientes con patoloxía cardiovascular, tal e como sinalan dende o IDIS.
  comenta   0
A hemofilia B (HB) é unha enfermidade rara ou pouco frecuente, cunha incidencia de 5/100.000 homes, de transmisión xenética, ligada ao cromosoma X e causada pola carencia ou o déficit do factor IX. A pesar de que esta enfermidade afecta principalmente os homes, tamén se pode observar en mulleres portadoras de mutacións causantes dela.
  comenta   0
"Os pacientes galegos recibirán diagnósticos máis precisos e tratamentos máis eficaces, con menos efectos secundarios e mellores resultados", celebrou o conselleiro de Sanidade.
Nun momento no que a medicina personalizada promete revolucionar a forma de tratar enfermidades, cada novo fármaco que chega ás farmacias é o resultado dun proceso titánico que mestura ciencia básica, tecnoloxía avanzada, regulación estrita e, sobre todo, un compromiso colectivo por mellorar a vida das persoas.
  comenta   0
En concreto, a tese céntrase na síndrome de Klinefelter que é unha alteración cromosómica que afecta a aproximadamente a un de cada entre 500 e 1.000 homes e é a causa máis frecuente de infertilidade masculina.
  comenta   0
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) tratou a case 10.000 pacientes de hepatite C nos dez anos que leva o plan para a abordaxe da enfermidade no Sistema Nacional de Saúde (SNS). O obxectivo da Xunta é reducir a enfermidade nun 90 % de cara a 2026.
  comenta   0
Criticaba que pasaban a outros pacientes e non a súa nai para ser atendida no Hospital Virxe da Xunqueira.
  comenta   0
José Berdullas, membro da xunta directiva do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia (COPG) advirte de que a situación actual, co aumento do consumo de antidepresivos entre a mocidade e a falta de atención aos problemas de saúde mental, "é o resultado de décadas de abandono institucional". "Temos que actuar xa", asegura.
  comenta   0
Segundo denuncian, a situación que hai na Mariña está derivada dun concurso de prazas, que deixou varias vacantes neste hospital, pero que agora están xa na fase de cobertura desas prazas que quedaron libres.
A doutora de oncoloxía no Hospital de Santiago Carmela Rodríguez, asegurou que "contar con todas as unidades baixo un mesmo teito permite pasar da secuenciación do tumor á proposta de tratamento en cuestión de días", un tempo que "é ouro para as pacientes con esta enfermidade avanzada".
  comenta   0
O medicamento incluirase na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde e supón unha innovación nunha área terapéutica onde non se producían incorporacións farmacolóxicas desde os anos 90.
  comenta   0
O Hospital da Mariña pide identificar aos convocantes das concentracións diarias nas súas instalacións. As protestas, que empezaron o 9 de abril, foron comunicadas á subdelegación do Goberno en Lugo desde o seu inicio
A iniciativa busca sensibilizar sobre a saúde mental a través de testemuños de persoas diagnosticadas e as súas contornas máis próximas
  comenta   0
Censura que a provincia ten a taxa de psicólogos e psiquiatras máis baixa de España a pesar de encabezar a cifra de suicidios e critica que pese a iso a Xunta deixa sen executar 50 millóns de euros en saúde mental.
Sanidade avanza que, se falla a subministración eléctrica, Urxencias Sanitarias estudará levar as súas comunicacións a centrais con xeradores.
  comenta   0
A decisión, tomada pola Xunta, chega despois de que os técnicos que avaliaron o edificio detectasen complicacións nas ancoraxes derivadas das intervencións efectuadas en anos anteriores para instalar condutos de aire acondicionado.
  comenta   0
O plan de inspeccións posto en marcha en agosto do ano pasado supuxo a revisión de 67.963 procesos e a citación para unha avaliación presencial a 28.748 pacientes de baixa. Dos procesos revisados, xeráronse un total de 20.681 altas.
  comenta   0
"Moitos artigos da nosa prensa especializada falan de que no ano 2050 a metade da poboación con hábitos de vida occidentalizados vai ter un problema alérxico, é dicir, fálase dunha epidemia non infecciosa", indican dende a Sociedade Española de Inmunología Clínica Alergología e Asma Pediátrica (SEICAP).
  comenta   0
Son datos do último informe do Consello de Contas, que pide máis sanitarios neste ámbito tras a incorporación de 224 entre 2020 e 2023, 17 por baixo do planificado.
  comenta   0