Por admin | Vigo | 18/06/2025
Nerea Bouzo Veiga, Vigo
Esta información non só reflicte unha percepción social negativa, senón unha realidade preocupante: cada vez son máis os pacientes que ven obrigados a esperar semanas, meses e mesmo anos para recibir atención médica. Todo isto está a ocorrer en España, un país onde
sempre se valorou o sistema público da saúde como un dos alicerces máis fundamentais do benestar. En efecto, esta grave deterioración por parte da sanidade xera unha gran inquietude.
As causas desta situación son diversas. Comezan coa falta de investimento nas infraestruturas e no persoal sanitario, algo crucial que, con todo, non se está abordando coa seriedade que merece. A isto súmaselle a sobrecarga dos médicos, que traballan con recursos escasos e cun alto nivel de esixencia cada vez maior. Estes factores pon en risco non só a calidade do servizo, senón tamén a calidade de vida dos nosos cidadáns, o que contribúe a ese sentimento de abandono que eles expresan.
Entón, Como podemos falar de futuro se nin sequera están a ser eficientes cubrindo
as necesidades básicas?
Ao meu xuízo, de cara aos próximos anos, a sanidade debería orientarse cara a un modelo máis sustentable e accesible, beneficiándose co apoio das novas tecnoloxías, pero sen
esquecer a gran importancia do trato humano. Con isto quero aclarar que o reto non é só
innovar, senón garantir que todos os cidadáns poidan acceder a unha atención médica
digna e eficaz. Só así, a sanidade do futuro conseguirá ser verdadeiramente un avance, e
non un retroceso ao cal chamamos "modernidade".
Saúdalle atentamente,
Nerea Bouzo Veiga
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.