Un 20,3 % tivo que acudir ao seu posto como mínimo un domingo ao mes. Son datos que publica este venres na Enquisa de Poboación Activa (EPA) o Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
"Moitos artigos da nosa prensa especializada falan de que no ano 2050 a metade da poboación con hábitos de vida occidentalizados vai ter un problema alérxico, é dicir, fálase dunha epidemia non infecciosa", indican dende a Sociedade Española de Inmunología Clínica Alergología e Asma Pediátrica (SEICAP).
  comenta   0
A profesora de Economía Aplicada na USC María do Mar Pérez Fra reivindica unha nova mirada cara o rural galego, afastada do paternalismo e os estereotipos, pois defende que o rural está cheo de posibilidades e conta xa con poboación e iniciativas innovadoras que son unha fonte de oportunidades inesgotable. Por iso, fai un chamado a repensar as políticas dende a realidade concreta das comunidades que o habitan.
  comenta   0
A análise da idade das persoas que entran e saen de Galicia reflicte que desde 2017 a media de quen chegan a Galicia (36,3 anos en 2023) é inferior ao dos que se van (38,1).
  comenta   0
O biólogo e especialista no estudo do lobo Pedro Alonso, que acumula décadas de estudo sobre este animal, lamenta que non houbese diálogo para buscar o consenso con todas as partes implicadas e interesadas na xestión do lobo, así como a falta dun estudo demográfico sobre a poboación de lobos o suficientemente rigoroso.
  comenta   0
Esta nova versión nace co fin de continuar achegando a cultura a toda a poboación na liña da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia.
  comenta   0
A chegada de máis de 5.500 persoas estranxeiras no último trimestre axudou ai crecemento vexetativo.
  comenta   0
O descenso é xeneralizado en todos os grupos de idade, salvo no grupo de 60 a 79 anos, onde se mantivo estable
  comenta   0
Houbo 4.657 mortes máis que nacementos no segundo trimestre de 2024. As sete cidades galegas teñen saldo negativo e só en tres dos 365 concellos galegos crece a poboación.
  comenta   1
A taxa de doazón da área sanitaria, con 67,5 doantes por millón de poboación, sitúase por enriba da media estatal (52,6) e autonómica (50,7).
  comenta   0
Martín Barcala Furelos, investigador na USC, advirte de que, "dous terzos da poboación infanto-xuvenil non cumpre coas recomendacións mínimas diarias de actividade físico-deportiva da OMS, é dicir, non fan unha hora diaria de actividade físico-deportiva a unha intensidade entre moderada e vigorosa", o que equivale "á diferenza entre coller o ascensor ou subir polas escaleiras".
  comenta   0
Son datos dun estudo internacional no que participou a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), desenvolvido por 241 investigadores, que examinou as actitudes da poboación cara á ciencia en 68 países.
  comenta   0
"Cando un pobo baixa durante anos como lle pasou a Monforte en poboación, economicamente, perdendo emprego,… tamén o orgullo de ser monfortinos/as vai baixando e eu quero recuperar iso. A autoestima, o crecer, ser unha cidade. Vai haber cousas que farán de Monforte unha cidade", asegura o alcalde de Monforte de Lemos.
"As comunidades que teñen unhas listas de espera de 9 meses, esas listas de espera van seguir sendo de 9 meses, non porque veña un 2% da poboación vas ter máis lista de espera", di a ministra.
  comenta   0
Asturias, Castela e León e Galicia son os CC.AA. con máis habitantes maiores de 65 anos, segundo Fedea.
  comenta   0
O 20 de xullo de 1936, Galicia e Vigo caeron en mans do réxime franquista, marcando o comezo dun período de represión e exilio para miles de galegos. Este día podería considerarse como o inicio do xenocidio galego, xa que a violencia e a opresión exercidas polo réxime franquista tiveron un impacto devastador na poboación galega.
  comenta   0
O caso de Ferrol continúa a ser preocupante, pois hai grandes vilas que creceron en poboación por enriba da considerada unha das sete grandes cidades galegas, como foi o caso de Arteixo e Oleiros, segundo os datos definitivos de poboación publicados polo INE a peche do ano 2024.
  comenta   1
A poboación de España situouse en 48.619.695 habitantes a 1 de xaneiro de 2024, cun crecemento de máis de 500.000 persoas nun ano. O 13,4 % da poboación tiña nacionalidade estranxeira e o 18,2 % nacera fóra de España.
  comenta   0
O obxectivo é coñecer o risco sísmico no ámbito territorial de Galicia e aumentar a resiliencia da poboación afectada.
  comenta   0
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste luns o proxecto de Lei de Intelixencia Artificial de Galicia, unha norma coa que a comunidade se converte na primeira en España e na primeira rexión europea en regular por lei esta tecnoloxía para potenciala e, á súa vez, facela "ética e segura" para a poboación.
  comenta   0
Este servizo público axuda a mellorar a xestión e a rendibilidade de moitas explotacións de pequeno tamaño, localizadas en zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e situadas lonxe dos matadoiros convencionais.
  comenta   0
Sobre a soidade non desexada, indicou que un 4 % da poboación española vive soa e que esa porcentaxe se dispara ao 40 % no caso de persoas de 80 anos, o que "obriga ás administracións a pór en marcha políticas que integren a estas persoas a través dunha rede de servizos".
  comenta   0
Organizada por colectivos de distintas sensibilidades, a protesta desenvolveuse de maneira simultánea en 50 cidades españolas.
  comenta   0
Todos os grupos da oposición coincidiron en sinalar que, para fixar poboación no rural, a este tipo de medidas hai que engadir a dispoñibilidade de servizos públicos como o sanitario ou o educativo.
  comenta   1
Expertos en nutrición vencellan a alta lonxevidade da poboación galega ao valor nutricional da alimentación tradicional e á calidade do noso estilo de vida.
  comenta   0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, subliñou que os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) demostran que a competencia lingüística "é a máis alta da historia"
  comenta   0
As últimas enquisas do Ministerio de Cultura, correspondentes ao período 2018-2019, reflexan que só o 8 % da poboación acudiu a algún festexo taurino nesas datas e que, dese 8 %, unha gran porcentaxe fíxoo porque lle deron entradas gratis ou descontos. Así, para Cristina, representante da ILP 'No es mi cultura', "a tauromaquia está morrendo e só se mantén viva conectada a un respirador chamado patrimonio cultural".
  comenta   2
Segundo Montse Prado, está "máis que demostrado que unha atención primaria ben dotada garante unha poboación máis sa, mellor atendida e a menor custo", ademais de "garantir a igualdade ante a enfermidade".
  comenta   0
Tras catro días dos efectos devastadores da DANA, os esforzos da Garda Civil céntranse na localización de desaparecidos, a identificación de cadáveres e o reforzo dos labores de abastecemento da poboación e as de seguridade cidadá, co obxectivo de "contribuír a alcanzar a normalización da situación canto antes".
  comenta   0
Segundo informou o departamento sanitario galego, citarase, en primeiro lugar, á poboación con idade comprendida entre 70 e 79 anos, o que supón ao redor de 292.000 persoas a convocar.
  comenta   0
Así o denuncia o xinecólogo do Centro de Planificación Familiar de Vigo e presidente da Sociedade Galega de Contracepción (SOGAC), Javier Valdés-Pons, que está a atender, el só, como xinecólogo, a unha poboación de máis de 580.000 persoas.
  comenta   0