Recomendan manter a vixilancia sobre o mildiu nas vides de Pontevedra aínda que se realicen os tratamentos

Os técnicos da estación de Areeiro recomendan comprobar que non haxa fructificación ou zonas de avance das manchas antigas, en especial nos predios que levan máis tempo sen recibir tratamentos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/05/2025 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aconsella no novo aviso fitosanitario semanal do persoal da estación de Areeiro manter as precaucións tomadas en semanas anteriores nas vides respecto ao mildiu e outros patóxenos. A combinación dunha meteoroloxía inestable, con humidade relativa elevada, precipitacións abundantes, treboadas e temperaturas suaves-altas, favorecen o desenvolvemento tanto deste como doutros patóxenos, polo que recomendan manter a vixilancia a pesar dos tratamentos realizados.

Os técnicos provinciais recomendan comprobar que non haxa fructificación ou zonas de avance das manchas antigas, en especial nos predios que levan máis tempo sen recibir tratamentos. Desta forma, no caso de que se comprobe unha evolución da enfermidade, a institución provincial pide que se seleccionen moi ben os funxicidas.

Unha plantación de viñedo
Unha plantación de viñedo | Fonte: CLYGAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta