"Para o traballo do campo en xeral si que che fai falta un mínimo de forza física... eu, en lugar de usar sachos grandes e pesados, busco ferramentas que se adapten mellor á miña man e ao meu corpo". "Ao final non se trataba tanto de ter forza física, senón de pensar", chancea Raquel, que a día de hoxe presenta un viño natural dende o 2016, elaborado sen tratamentos químicos.
  comenta   0
Os nacionalistas demandaban dotar de persoal suficiente aos departamentos que xestionan o rexistro vitícola resolver os expedientes de actualización e modificación do rexistro e solucionar de oficio os déficits que teñen na comarca de Valdeorras
  comenta   0
Federico Enguix, director de operacións de vitiDron, considera que "os drons permiten aos viticultores aforrar un montón de tempo, pois zonificando o espazo podemos dicirlle que zonas están ben e pode pasar máis por alto, e cales son nas que se debe concentrar", de tal maneira que "contamínase menos cos tratamentos e realízase menos gasto nos mesmos".
  comenta   0
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o valor engadido bruto da rama agraria e pesqueira situouse nos 3.406 millóns de euros o pasado ano 2023, é dicir, o 4,5 % do PIB de Galicia nese ano (un crecemento do 7,6 % con respecto ao ano anterior). As pragas murchan a vide, as choivas asolagan os trigais e o quencemento das augas fai fuxir aos peixes.
  comenta   0
Roberto Rivas, presidente da Asociación Galega de Viticultura (AGV), amósase moi preocupado de cara ao futuro pola falta de man de obra, un problema que "cada ano vai a máis", mentres que "os viños galegos cada vez están máis de moda en todo o mundo, sobre todo os brancos".
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que "é certo" que existe unha caída "xeral" do consumo de viño que "non é igual en todas as zonas" e que require que as administracións "boten unha man".
  comenta   0
A 'Acacia dealbata' leva connosco uns 200 anos e xa é imposible de erradicar. Jonatan Rodríguez, investigador de CRETUS na USC, liderou varios estudos nos que observaron que "nas zonas onde hai manchas de mimosas a diversidade de especies de insectos herbívoros, que poderían alimentarse dela, era menor en número á cantidade que hai nas zonas onde non hai mimosa".
  comenta   0
Catro de cada dez viticultores de Estado está en Galicia, pero a produción galega só representa o 2,3% da estatal, segundo un estudo de OIVE.
  comenta   0
Os que vivimos moi de pertiño fisicamente aquela crueldade dun réxime agónico, pero cada vez máis sádico, queremos en primeiro lugar darlle as grazas a Amador e Daniel e aos feridos nos corpos e na dignidade.
  comenta   0
O personal de Areeiro asegura que se debe ás altas temperaturas rexistradas, superiores ás habituais nesta época.
  comenta   0
Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), asegura que as que poden ter máis problema son as árbores froiteiras, aínda que as vides tamén comezaron a ter movemento antes de tempo. Nuria, de Viveiro Corema, pertencente á Asociación de Cultivos do Baixo Miño (Acubam), tamén fai referencia ás froiteiras e afirma que no caso das plantas ornamentais xa hai algunhas, como o 'lectospermum scoparium', que floreceron antes de tempo.
  comenta   0
Isto supón a presenza de vides no xacemento de Valencia do Sil no século IV d.C nunha comarca vencellada ao viño
  comenta   0
Esta aparición, que o ano pasado detectouse a mediados de xuño, implica tratar a viña cunha aplicación antioídio.
  comenta   0