O negocio do viño en Galicia: minifundismo con vides no 50% do territorio

Catro de cada dez viticultores de Estado está en Galicia, pero a produción galega só representa o 2,3% da estatal, segundo un estudo de OIVE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2024 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Case o 40% dos viticultores españois está en Galicia, con máis de 219.350 persoas que cultivan vide, segundo o estudo A importancia económica e social do sector vitivinícola en Galicia, publicado pola Interprofesional do Viño de España (OIVE).

Desta maneira, o sector do viño representa o 1,4% do produto interior bruto (PIB) galego e conta cun tecido empresarial "atomizado", onde o 79% das compañías son microempresas (tendo en conta a mostra tomada en 2019 para o informe). En canto á súa forma xurídica, o 7% das firmas son cooperativas.

En total, as actividades de viticultura, elaboración e comercialización de viño supoñen uns 890 millóns de euros de Valor Engadido Bruto (VAB) ao ano, dos cales 484 millóns son unha contribución directa do sector, 208 son xerados por outras actividades subministradoras do sector (comercio, enerxía, transporte, etc.) e 198 son de efecto inducido, segundo o estudo.

En Galicia, xera 15.900 empregos a tempo completo, dos cales o 55,5% son postos de traballos directos. Ademais, o informe apunta á contribución positiva do sector á balanza de pagos, cun superávit comercial superior aos 50 millóns de euros anuais. Os dous principais mercados de destino son Estados Unidos e Reino Unido, que concentran o 43,2% do total exportado.

No ámbito xeográfico, 150 concellos de Galicia dispoñen de vides, un 47,3% do total, cunha superficie aproximada de 33.283 hectáreas, o que indica presenza de minifundismo, "aínda que pode tamén supor un factor de fixación de poboación no medio rural". Respecto da produción, Galicia achega o 2,3% do viño estatall, con 777.123 hectolitros ao ano que proceden, nun 86,7%, das provincias de Pontevedra e Ourense.

Viñas e viñedo da Adega Celme
Viñas e viñedo da Adega Celme | Fonte: albariño.com

Viñas, a agricultura é un factor xeográfico para a ordenación do territorio
Viñas, a agricultura é un factor xeográfico para a ordenación do territorio
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta