Unanimidade na Cámara para instar ao goberno a dotar de fondos a Lei ELA

Esta proposta do PPdeG pretende dotar de fondos a Lei ELA para que poida "cumprir os seus obxectivos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2025 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Todos os grupos parlamentarios que compoñen a Cámara galega votaron a favor dunha proposta do PPdeG para instar o Goberno central a dotar de fondos a Lei ELA para que "sexa efectiva" e poida "cumprir os seus obxectivos". Así, os populares presentaron unha proposición non de lei tras advertir que esta norma "sen financiamiento" queda en "unha simple declaración de intencións" e non mellora a situación das persoas que padecen esta enfermidade e dos seus familiares". Por iso, a proposta do PPdeG, aprobada co apoio de todos os grupos, insta á Xunta a demandar ao Goberno a que dote de fondos económicos esta Lei para que sexa "realmente efectiva" e cumpra "cos obxectivos para os que foi aprobada".

CREACIÓN DE UNIDADES COVID PERSISTENTES

Doutra banda, o Grupo Parlamentario Popular rexeitou unha iniciativa do PSdeG para instar á Xunta a "reconsiderar a decisión de pechar as unidades postcovid". Neste caso, a proposición non de lei, que contou co apoio de nacionalistas e do deputado de Democracia Ourensá, pretendía que se realizase un censo territorial de persoas afectadas por covid persistente. Tamén demandaba que se formase ao persoal sanitario naqueles centros de saúde nos que existan persoas con Covid persistente e realizar o resto da formación a todo o persoal sanitario.

Pleno do Parlamento de Galicia, a 6 de maio de 2025
Pleno do Parlamento de Galicia, a 6 de maio de 2025 | Fonte: PARLAMENTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta