A porcentaxe mais alta rexístrase no grupo de 80-84 anos, cun 78% de cobertura, seguido do grupo de persoas con 85 anos ou máis, que alcanza o 72%, e da poboación con idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos, cuxa cobertura supera o 63,5%.
  comenta   0
"O acusado decidiu sacar proveito da situación e, aínda que non estivese habilitado para vender as mercadorías depositadas na nave, decidiu facelas súas e venderllas a terceiros", recolleu o escrito de Fiscalía.
  comenta   0
Repartiranse do seguinte modo: máis de 200 prazas de médico, máis de 700 de enfermaría, máis de 450 de auxiliar de enfermaría, máis de 120 de técnicos superiores sanitarios e máis de 100 de celadores.
  comenta   0
Os 'vacunódromos' serán os mesmos lugares de campañas anteriores, desde a irrupción da covid-19. Haberá un total de 13 repartidos polas principais cidades e vilas de Galicia.
  comenta   0
Forman parte dos socios que impulsan o proxecto SARIL (Sustainablity and resilience for infrastructure and logistics networks), que arrincou en xuño e ten como finalidade a mellora da sustentabilidade e resiliencia das redes de transporte e loxística da UE.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, informou desta iniciativa do goberno local e detallou cales son eses "desaxustes que podemos observar todos" como o volume excesivo de veladores nalgúns puntos ou terrazas que dificultan a circulación dos peóns.
  comenta   0
O deputado do Bloque Daniel Pérez preguntou polos datos do paro en Galicia en agosto, cun incremento do 0,22 % respecto de xullo e unha perda de 4.217 afiliados á Seguridade Social. Advirte dunha caída da poboación ocupada en todos os sectores na comunidade desde 2009, "especialmente na industria".
  comenta   0
A deputada do BNG Montse Prado pide a creación de unidades hospitalarias de atención infanto-xuvenil en todas as áreas sanitarias, campañas de concienciación e prevención de condutas suicidas e de autolesión ou a creación de equipos multidisciplinares para prestar unha atención integran desde a Atención Primaria.
  comenta   0
Unha das principais novidades é que desaparece a recomendación de vacinarse contra a covid a menores de 60 anos (salvo casos de risco ou embarazadas e puerperio). Ademais, inclúese a poboación fumadora como grupo recomendado para inxectarse a dose contra a gripe.
  comenta   0
A Comisión de Saúde Pública, na que se atopan representadas todas as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, actualizou os criterios da próxima campaña de vacinación fronte a gripe e a Covid-19, e estableceu que dea comezo nas distintas CCAA a partir da última semana de setembro e durante o mes de outubro.
  comenta   0
Así o asegurou o sindicato CSIF, mentres que fontes da área sanitaria lucense defenderon que todos os pacientes de Urxencias que van ingresar "teñen xa cama asignada", á vez que recoñeceron que o repunte de doenzas infecciosas elevou as hospitalizacións.
O acto, no que intervirá o secretario xeral do PSdeG Valentín González Formoso, terá lugar en Galicia nun momento clave na política nacional, a poucos días de que se celebre o debate de investidura ao que se someterá o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, e que fontes socialistas destacan que está "condenada ao fracaso".
  comenta   0
O catedrático Ángel Carracedo coordina o consorcio 'Scourge', que participou na plataforma 'Host Genetic Initiativa'. O traballo revela que o consumo de tabaco e o número de cigarros fumados ao día, así como un correcto funcionamento do ril, están asociados á gravidade e aos fenotipos de susceptibilidade.
  comenta   0
Investigadores do grupo GenPoB e GenVip da USC e do IDIS analizan as respostas do popular chatbot fronte ás crenzas falsas máis estendidas en redes sociais e conclúen que esta ferramenta pode facilitar a aceptación social das vacinas.
  comenta   0
Só 40 concellos están totalmente limpos nos últimos catorce días, sen novos infectados que lamentar. Mentres, todo o mundo xa ten os ollos postos na nova variante: 'Pirola'.
  comenta   0
A través dun comunicado, o organismo europeo sinala que, tras varios meses de taxas de infección "moi baixas", a transmisión da enfermidade por COVID-19 "empezou a aumentar nalgúns países da UE/EEE".
  comenta   0
Nestes días previos á cita electoral do 23 de Xullo, a case totalidade das análises recoñecen a transcendencia dos seus resultados na configuración da futura gobernabilidade do Estado español. O dilema está servido: ou a maioría parlamentaria da última lexislatura renova a súa hexemonía nas urnas ou asistiremos a unha importante involución política da man dun acordo entre o PP e Vox.
  comenta   0
O PAC de Baltar contará nos próximos días cun garda de seguridade na entrada para garantir a boa convivencia no centro médico entre facultativos e pacientes.
  comenta   0
Os casos sen resolver aumentan un 31% en cinco anos. Os procuradores galegos apostan por adoptar o modelo portugués, con máis competencias para estes profesionais.
  comenta   1
Aínda se podería manter a obrigatoriedade das máscaras nalgúns espazos sanitarios onde haxa especiais características e pacientes inmunodeprimidos, como a UCI, as zonas de oncolóxicos, quirófanos ou Urxencias.
  comenta   0
O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, manifestou que están "a ser coherentes" coa postura que defenderon todo este tempo, a de apoiar aos técnicos, que teñen "criterios suficientes".
  comenta   0
A pandemia da COVID deixou no alumnado problemas de convivencia, bullying ou afeccións na saúde mental. O Goberno central decidiu crear a figura do coordinador de benestar e convivencia para facer fronte a esta problemática. A Xunta presentou o rascuño da orde que introducirá os coordinadores de benestar. Os sindicatos denuncian que isto implica que haxa persoal con novas funcións "a custo cero".
  comenta   0
Así o acredita un estudo no que articiparon residentes do servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital Clínico de Santiago
  comenta   0
A fin da Covid propiciou o aumento do tráfico e o incremento da contaminación nas sete cidades, agás Ferrol e Lugo. Tamén as zonas industriais de Arteixo, A Mariña e Oural (Sarria) amosaron índices moi por riba do recomendado pola OMS.
  comenta   0
Foi atendido por un médico que exerce na sanidade pública pero ten consulta na privada. O xuíz, que lembra a situación excepcional pola covid, non concede outros 5.000 euros por dano moral pola rapidez do diagnóstico.
  comenta   0
Un estudo da Universidade Juan Carlos III analiza a cobertura e a percepción sanitaria no conxunto do Estado. Entre as súas conclusións, que existe unha brecha na poboación segundo as autonomías nas que se reside. En Cataluña é onde maior percepción hai sobre a sanidade pública.
  comenta   0
Enxalzou que día a día conseguen prestar unha atención de "máxima calidade" nun ámbito no que interveñen equipos de diferentes disciplinas.
  comenta   0
A selectividade deste 2023 mantén o modelo de preguntas establecido desde a pandemia da covid, é dicir, cunha maior optatividade á hora de responder.
  comenta   0
Ignacio Ramonet (Redondela) impartiu na Facultade de Ciencias da Información en Santiago un seminario sobre xeopolítica con especial interese nas consecuencias da pandemia e da guerra en Ucraína. A idea é que o mundo se polariza cada vez máis entre Occidente e China coa súa área de influencia, isto materialízase nunha guerra comercial entre os dous espazos económicos e políticos. Considera que a poboación mundial non está preparada para outra pandemia como a da COVID aínda que si se puideron extraer coñecementos sobre como tratar unha nova crise sanitaria.
  comenta   1