Sanidade sobre as listas de agarda: "Non podemos dicir que son as peores de España"

Caamaño cree que "non ten ningún sentido" comparar as actuais listas de espera con antes da covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2025 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, cre que "non ten ningún sentido" comparar as listas de espera actuais coas que había antes da pandemia da covid-19, "porque a demanda asistencial é diferente".

"Hai moita máis demanda agora que antes da pandemia. O importante é conseguir baixar os tempos de espera tendo mellor demanda. Se fas iso, estás a facelo ben. E iso é o que estamos a facer", remachou, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego.

Gómez Caamaño recoñeceu que as demoras no Sergas "sempre se poden mellorar", pero "os datos son os que son" e están entre "as mellores" das comunidades autónomas, tanto para unha cirurxía como para unha consulta cun especialista. "Por tanto, non podemos dicir que sexan as peores. Son mellorables, por suposto que si, e estamos ao facer", insistiu o conselleiro, para remarcar que "é unha cuestión de tempo" que se vexan os efectos do plan a Xunta para reducir as demoras no Sergas.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, no Parlamento
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, no Parlamento | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta