Esta circulando polas vilas ourensáns unha exposición conmemorativa do centenario da revista Nós. Unha iniciativa necesaria para dar a coñecer a importancia que tivo unha xeración de intelectuais implicados no afortalamento da nosa identidade nacional. Mágoa que os responsables de tal iniciativa incorrísen no erro por omisión de non recoñecerlle ao empresario galeguista Enrique Peinador Lines o mérito de ter recuperada a publicación interrompida durante un ano e medio por falta de recursos financieiros. Negarlle ao empresario e militante do Partido Galeguista o papel que tivo na continuidade da publicación non só é inxusto, senón que deixamos de transmitirlles aos actuais un modelo de compromiso co seu país que el tan ben soubo exercer.