Arrinca en Galicia a vacinación fronte á gonorrea para poboación con alto risco

A poboación diana que se estima achégase ás 10.000 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2025 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A Xunta inicia este luns a vacinación fronte á gonorrea para a poboación menor de 65 anos con alto risco de contraer esta infección de transmisión sexual. Tal e como recolle a Consellería de Sanidade nun comunicado, protexerase así de forma "pioneira" á poboación fronte á gonorrera cunha vacina destinada á inmunización da meninxite B.

Así, segundo os datos do departamento autonómico, a poboación diana que se estima achégase ás 10.000 persoas. En concreto, a vacina 4CMenB administrarase no momento do diagnóstico cunha infección de transmisión sexual de relevancia epidemiolóxica (clamidia, mpox, treponema pallidum, gonorrea e VIH) e tamén a aquelas persoas que teñan un diagnóstico recente (nos 12 meses previos).

Da mesma maneira, vacinarase ás persoas que recibiron profilaxis fronte ao VIH ou outra infección de transmisión sexual, pre ou post exposición en varias ocasións no último ano; e tamén cando haxa sospeita clínica de gonococia aínda que non se faga un diagnóstico etiolóxico. Por último, serán suspectibles de ser vacinadas fronte ao gonococo as persoas con antecendetes de dúas ou máis ITS (excluíndo a infección por VPH) nos últimos cinco anos.

Destacan que se adopta esta decisión tras observar como se está incrementando a incidencia anual de gonococia na comunidade galega e nos países da contorna. Na actualidade, apuntan, a pesar de non existir unha vacina específica para facer fronte ao gonococo, a evidencia científica ratifica a protección cruzada que ofrece a vacina 4CmenB empregada para protexer á poboación da Neisseria meninxite do serogrupo B.

Explican que as bacterias que provocan ambas as enfermidades están estreitamente relacionadas xeneticamente ao pertencer ao mesmo xénero (Neisseria) e contar cunha homoloxía de secuencia próxima ao 90 %. Así, entidades de recoñecido prestixio científico, como é o caso da Joint Comittee on Vaccination and Immunisation (JCVI) recomendan o emprego desta vacina debido á súa composición.

Persoal de enfermaría fornece unha vacina contra a gripe na campaña de 2020, en plena pandemia polo coronavirus
Persoal de enfermaría fornece unha vacina contra a gripe na campaña de 2020, en plena pandemia polo coronavirus | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta