Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2025 | Actualizada ás 17:04
O PP galego estará representado polos seus principais dirixentes na manifestación convocada polo seu xefe de filas estatal, Alberto Núñez Feijóo, contra o Goberno que dirixe Pedro Sánchez para o vindeiro domingo 8 de xuño en Madrid. O propio líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou na pasada que asistirá; e fontes do partido en Galicia consultadas por Europa Press concretaron que a delegación galega tamén estará encabezada pola secretaria xeral do partido, Paula Prado, e o portavoz parlamentario da formación, Alberto Pazos.
As mesmas fontes ratificaron que na formación está a evidenciarse "moito interese por asistir", polo que haberá autobuses desde as catro provincias. Polo momento, non se concretou un número exacto, dado que os interesados aínda se están inscribindo. Precisamente, sobre se o PPdeG avala ou non a vía da manifestación, foi preguntado este martes na Cámara o portavoz parlamentario dos populares, Alberto Pazos, ao termo da Xunta de Portavoces, que replicou que "a pregunta é para que" se convoca unha protesta.
"Cando se nos convoca a unha manifestación na que consideramos que están a expresar apoio a cuestións que consideramos importantes para a nosa terra, vannos a atopar sempre. Cando do que se trata é de dicir non a todo e boicotear cada iniciativa que haxa, non imos estar. Cada un terá os seus motivos para valorar se acode ou non a esa convocatoria", esgrimiu o popular.
"A pregunta que me faría é que motivos terán outras persoas para non acudir porque a situación en España empeza a ser alarmante. Creo que imos ser moitos os que acudamos a ese lugar a dicir que non estamos de acordo co que ocorre no noso país, que queremos recuperar a pulcritude das institucións públicas e que España siga sendo unha democracia homologable", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.