Segundo destacou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, este nove parques foron todos os que a solicitaron.
  comenta   0
Esixe a rectificación pública do nacionalista Luís Bará por asegurar que a Xunta non facilitaba información sobre o proceso de Altri.
  comenta   1
Rueda esgrime que a lei está "deseñada" para tratar de acordar, pero di que é "moi difícil" coa actitude dos seus rivais, "especialmente" do BNG.
  comenta   0
Alberto Pazos solicitou, con especial mención aos "do non", "evitar os prexuízos" e "respectar os traballos dos técnicos para que poidan realizar o seu labor coa tranquilidade necesaria".
  comenta   0
Os populares acusan a SOS SAnidade Pública de seguir os ditames "dos coroneis da UPG". O mesmo fan con protestas contra Altri ou a favor da lingua.
  comenta   1
"É unha discrepancia do BNG coa totalidade dos grupos representados nesta casa", din desde o PPdeG.
  comenta   0
A delegación galega, encabezada por Paula Prado, contará coa presenza de Feijóo e Tellado nunha cita clave para o partido.
  comenta   0
O presidente da Xunta incidiu en que "hai un ano" BNG e PSdeG "apoiaban co mesmo entusiasmo co que agora se opoñen o proxecto". Del, dixo que xa entón se dicía "que era necesario fabricar pulpa para fabricar biocel".
  comenta   0
O PP asegura que non se pode recoñecer como presidente porque "nunca foi elixido", mentres que PSdeG e o deputado de D.O. abstéñense.
  comenta   0
Os populares demandan a liberación da peaxe no tramo Vigo-O Porriño para "mellorar a seguridade" na A-55
  comenta   0
O portavoz parlamentario do PP galego asegura descoñecer o contido exacto da mensaxe e aposta por un esforzo para axudar aos damnificados pola DINA en Valencia
  comenta   0
O PP denuncia o "silencio" do BNG e PSdeG co que acontece en Venezuela. Non se pronuncia sobre as masacres diarias que teñen lugar en Gaza ou sobre a ocupación rusa de Ucrania.
  comenta   0
Pontón acusa a Rueda de "desleal" ao defender "os intereses do PP" e non os de Galicia. O portavoz do PPdeG no Parlamento galego, Alberto Pazos, asegurou ter postas "moi poucas esperanzas" na Conferencia de Presidentes que se está celebrando este venres en Santander
  comenta   0
Os orzamentos da Xunta xunto á lei de medidas fiscais, coñecida como lei de acompañamento, chegan ao pleno para a súa aprobación definitiva o vindeiro martes entre críticas dos grupos da oposición (BNG, PSdeG e Democracia Ourensana) pola falta de receptividade do grupo maioritario, o PP, a incluír as súas emendas.
  comenta   0
Farao para fixar o inicio dos seus traballos en base ao plan que o pasado venres aprobou o PP en solitario. En concreto, o PP quere que "canto antes" empecen as comparecencias, entre críticas do BNG por derívaa " antidemocrática" dos populares.
  comenta   0
A líder do Bloque, Ana Pontón, preguntará na sesión de control ao xefe do Executivo se ten previsto "tomar algunha medida eficaz" para solucionar "os problemas da sanidade pública", mentres que o seu homólogo socialista, José Ramón Gómez Besteiro, demandaralle medidas "reais" para favorecer o acceso á vivenda.
  comenta   0
O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, di que as normas da comisión de contratos aprobáronse conforme ao ditame dos servizos xurídicos.
  comenta   0
Pontón responsabiliza ao PP de que "a superviviencia" da lingua galega estea "en risco" e o PSdeG fala de "situación límite". O PP destaca que "non baixa o número" de galegofalantes senón a "porcentaxe": "Nunca o galego tivo máis falantes". O PSdeG avisa dunha situación "límite".
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparecerá a petición propia no Parlamento de Galicia o vindeiro martes para informar o pleno das liñas estratéxicas dos Orzamentos da Xunta para 2025 e dos proxectos do seu Goberno para este mandato.
  comenta   0
Tanto o BNG como o PSdeG avanzaron a súa intención de buscar que Rueda e tamén o agora líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, comparezan nesta comisión na que o BNG pretende analizar cuestións como os contratos da Xunta con empresas como Eulen ou o financiamento do Hospital Álvaro Cunqueiro.
  comenta   0