Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2025 | Actualizada ás 15:16
A deputada do PSdeG Paloma Castro advertiu ao PPdeG de que "non se pode ser equidistante", ante o seu rexeitamento na comisión institucional do Parlamento a unha proposta de apoio ao pobo palestino e contra a actuación de Israel. Unha actuación que a socialista equiparou "co que fixo Hitler cos xudeus" e que para a portavoz do BNG no debate, Iria Taibo, trátase dun "xenocidio planificado". Por parte do PP galego, Alberto Pazos falou do "custo inaceptable en vidas humanas" pero referiuse tamén aos ataques do 7 de outubro contra Israel para rexeitar a "espiral de morte e destrución".
Ao seu xuízo, a iniciativa do PSOE galego "nada" ten que ver co "consenso" e o "rigor", por pedir apoio ao Goberno de España que, na súa opinión, "foi o que decidiu romper unilateralmente" en materia de política internacional co recoñecemento de Palestina. Así, afirmou que os populares seguen "abertos á posibilidade de retomar o consenso", pero incidiu na necesidade doutro texto "se queren un acordo razoable neste Parlamento a favor da paz". "Se o que buscan é profundar no clima de crispación é a súa responsabilidade", espetou, antes de votar en contra. Pola súa banda, o Bloque abstívose.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.